Viveireando


Sitio onde se conserva algunha cousa e donde se propaga.

Contacta
viveireando@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Velocidade
O concelleiro de Facenda, Policía e Romaxes do bo xantar, falaba da rapidez coa que se teñen retirado os restos da batalla dos campos d´ O Naseiro.
Este autobombo faime lembrar o Groucho de Unha noite en Casablanca.
“…Si un cliente pide un ovo cocido en 3 minutos, darémosllo feito en 2. Si o pide en 2 minutos, darémosllo en 1. E si o pide feito nun minuto, darémoslle a galiña e que se encargue do resto”.
E o Orzamento, para cando?
Si me piden que presente o Orzamento do Concello no prazo dun mes, fareino en 15 días. Si mo piden en 15 días, dareillo nunha semana. Si mo piden nunha semana, dareilles o programa informático e que se encarguen eles de facelo”. ( Da película Unha Casa sen blanca ).
Categoría: Xeral - Publicado o 23-09-2009 00:43
# Ligazón permanente a este artigo
A medio pintar

Agora que medra a noite e merma o día é cando máis se necesitan ben pintados. E non a medias como están nesta altura a maior parte deles. Ás veces non se sabe se o pixama é negro con raias brancas ou branco con raias negras.
E moito pedir que repinten os pasos de peóns?
Categoría: Xeral - Publicado o 22-09-2009 23:37
# Ligazón permanente a este artigo
Si home si
Algunhas lembraredes aquel estúpido slogan dos anos setenta “ Vivero, la ciudad que siempre ríe”. Vén isto a conto porque agora andan a espallar pola radio outra asneira polo estilo, supoño que referida á Calella do Muro. Disque temos “a rúa máis estreita de España”.
Si home si.
E vanlle instalar semáforos.
Como os radioouvintes son moi crédulos e empreñan polas orellas…

Categoría: Xeral - Publicado o 20-09-2009 12:57
# Ligazón permanente a este artigo
Queremos carril-bici
As que utilizamos este medio de transporte botamos de menos os carris reservados para bicicletas. Hoxe en Viveiro xa resulta perigoso viaxar en dúas rodas por moitos traxectos urbanos: unha porta dun auto que se abre xusto cando pasas, ese monstro de catro eixos que che adianta rozando…
Despois de que os de Costas perpetrasen tanto paseo marítimo, en nengún deixaron espazo para circularen con seguridade peóns e ciclistas.
Son paseos feitos de Costas... aos ciclistas.
Categoría: Xeral - Publicado o 20-09-2009 12:16
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal