Viveireando


Sitio onde se conserva algunha cousa e donde se propaga.

Contacta
viveireando@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Beber e desbeber
Non todas han ser críticas negativas para a Organización da Romaría do Bo Xantar.
Rebaixados os decibelios por mor do intenso labor punitivo da P. L. que percorre a festa armada de sonómetros, chega este ano tamén outra novidade que vai contribuir a aliviar as ringleiras de usuarios do water-closet.
Trátase da mellora que ofrecen todos os botequins d´ O Naseiro.
Beber e desbeber, con comodidade, e todo no mesmo local.
Parabéns.
Categoría: Xeral - Publicado o 23-08-2010 12:17
# Ligazón permanente a este artigo
Sumidoiro ( e II )
…ese desleixo que debería provocar unha resposta veciñal que non se produz.

Todas estamos tan felices atrapadas no tráfico rodado nesa anárquica Travesía; todas suportamos mesas e cadeiras de locais de hotelaría en rúas e beirarrúas que nos impiden o paso; todas razonamos como prósperas empresarias do sector turístico,
( “os visitantes paran menos que o verán pasado”, “se tivésemos máis calor!”); todas botamos a lingua a pacer,entusiasmadas, calculando por milleiros os asistentes a un concerto…

Non nos decatamos. Os sumidoiros seguen aí e sen limpar.
Eles fan caixa.
E nós..., aturando o escorre-pratos.
Categoría: Xeral - Publicado o 13-08-2010 14:21
# Ligazón permanente a este artigo
Sumidoiro ( I )
En sentido figurado, SUMIDOIRO é “cousa na que se gasta muito diñeiro”.
Mais hoxe non vou botar contas sobre as cantidades astronómicas que se gastan nas festas.
Por certo, en Astronomía tamén temos SUMIDOIRO. É aquela rexión de onde a enerxía é disipada, mediante calquer proceso físico. O orzamento municipal e participativo de Roel pode andar perdido por ese territorio.
Tamén SUMIDOIRO é o lugar onde se perden, de contínuo, cousas. As promesas do rei Melchor, se cadra tamén desapareceron por esta vía.
Non, hoxe emprego SUMIDOIRO no sentido de “sensación olfactiva desagradábel”.
Esa sensación que nos invade cando andamos polas rúas da vila.
Ese fedor que me obriga a colocar alfombras para tapar tanta desidia municipal e gubernativa…
Categoría: Xeral - Publicado o 13-08-2010 13:03
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal