Viveireando


Sitio onde se conserva algunha cousa e donde se propaga.

Contacta
viveireando@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

FRESH PEOPLE
Do papel:

“Continúan as “fresh people” no Casino de Viveiro”

Que é iso da “fresh people”?

Investigo:

É “a fresh approach”/ un novo enfoque, é “fresh air “/ ar fresco ,
é “in the fresh air”/ ao ar libre?

E unha entendía que a cousa consistía en botar “fresh water”/ auga doce
por riba do enemigo…

Non hai coma ter un amigo dillei que te pon ao tanto.
Categoría: Xeral - Publicado o 23-07-2010 19:48
# Ligazón permanente a este artigo
P L ( en dous tempos ) ( e II )
2º tempo:
..o outro utiliza a P L mantendo que con este goberno imos de cu.


É un debate de altura, miñas amigas.

Que fariamos en Viveiro sen unha P L coma esta?

Nota Bene: P L ( Polémica Local )
Categoría: Xeral - Publicado o 19-07-2010 09:59
# Ligazón permanente a este artigo
P L ( en dous tempos ) ( I )
1º tempo:

Un entra na P L botándolle coma sempre a culpa ao outro…
Categoría: Xeral - Publicado o 19-07-2010 09:57
# Ligazón permanente a este artigo
O Naseiro
Un oportuno Bando Municipal vén de prohibir o uso das vuvuzelas –instrumento de tortura popularizado no mundial de fútbol—na Romaría
d´ O Naseiro.

Concordo totalmente coa medida.

Se a Policía Local comenza por permitir o toque das vuvuzelas en semellante paraxe natural na harmoniosa Romaría do Bo Xantar, mal imos.

Ser permisivo con estas prácticas perturbaría a paz que reina na romaxe e nada impediría que uns poucos indivíduos sen escrúpulos comencen a pechar os recintos ocupados por mesas e áreas de descanso con horrendos plásticos de cor negra.
De autorizar os plásticos—Deus nos libre—pasaríase a suprimir os cánticos corais que tanto alegran as sobremesas para os sustituir por potentes equipos de moitos watios que prexudicarían gravemente o noso sistema auditivo cun pertinaz chunda-chunda.
De fomentar o chunda-chunda pasaríase a infrinxir un duro golpe á tradicional práctica do baile agarrado na sesión vermouth que remataría por desaparecer.
Eliminados os paso-dobres non se lle tirarían fotos ás parellas danzantes.
Desaparecidas as testemuñas gráficas non se editarían sisudos estudos antropolóxicos sobre a festa.
De non existir estudos de antropoloxía cultural d´O Naseiro, desaparecería a festa.

Velaí, miñas amigas, as tráxicas consecuencias que tería o permitir o uso da vuvuzelas na Romaría do Bo Xantar.
Categoría: Xeral - Publicado o 16-07-2010 11:09
# Ligazón permanente a este artigo
Compran A Pomba ?
A Pomba , a fermosa embarcación até o de agora propiedade municipal, pode cambiar de dono. Ao non poder ser traladada á mariña seca de Correos para lle facer compaña ao travel-lift ali instalado e antes de que a Policía de Portos a interveña, parece que decidiron poñela á venda.

Dín que un potentado local pretende facerse con ela. A súa intención é encargar unha Virxe do Carme ( tamaño natural ), engalanar a lancha e organizar procesións marítimas pola ría cando lle pete.

A ese home non vai haber quen lle tusa!

Categoría: Xeral - Publicado o 09-07-2010 10:30
# Ligazón permanente a este artigo
Desembarco 2010
Non deixan a unha en paz. A Morouzos, onde estou acampada—e tamén apampada—chégamme varios correos pedíndome explicacións sobre a neglixencia—dín—por mín cometida: seica este ano non colguei imaxes do desembarco en Grallal.
E boto man do móbil, dos SMS, do portátil, do módem... Enfin, que aínda que estou na praia non ando ás minchas e unha ben deita da axenda de contactos que leva a todas partes.

E aí tendes, amigas, a instantánea conseguida nos Castelos. Aproveitando unha raiola de sol, o monarca é reclamado pola súbdita e fai unha paradiña antes de entorpecer o tráfico rodado co seu desfile pola estrada nacional Viveiro-Ferrol.

Categoría: Xeral - Publicado o 09-07-2010 09:22
# Ligazón permanente a este artigo
Ortigueireando
Cando chegan estas datas, chova ou trone, unha ponse Ortigueira total. Confésolles que collo o meu fardel e marcho ao exilio voluntario de Morouzos de xoves a domingo. Deixo de viveirear uns días, esquezo o impertinente pomporrompón das procesións de adúlteros e de infantes, doulle as costas aos axeonllamentos diante do palio e libérome das torturas renacentistas…
Non saben canto ben me me fai este retiro.
Categoría: Xeral - Publicado o 08-07-2010 12:56
# Ligazón permanente a este artigo
Intervención real
O desembarco real nas Terras de Viveiro xa deu os seus froitos. Charles V mediou no conflito entre Portos e Alcaldía. Velaí unha parte da prolixa perorata que demostra o interese real polos asuntos do travel-lift, hoxe na mariña seca de Correos.
“…Otrosy, por cuanto ordenanza antigua se manda que ninguno ponga barco ni batel ni nabio en las bielas ni dentro dellas en seco, y que no pongan eso mesmo en las bielas ni en las cales de la puente piedra ni madera, porque empacha la serventia, y si la pusieran que dentro del terçero dia sea obligado de la quitar de alli, so pena quel que pusiere barco atravesado en las dichas bielas y no lo sacare a la segunda mar…que pague de pena treynta sueldos, que son trescientos maravedis…que el concejo lo haga sacar de alli a la costa de quien lo alli puso”.

( Continuará )
Categoría: Xeral - Publicado o 05-07-2010 18:18
# Ligazón permanente a este artigo
Abandono
Do anuncio dun xornal:
“ Como consecuencia da limpeza das instalacións da Piscina Municipal por mor do cambio na súa xestión, foi atopada nos vestiarios esta gola branca renacentista. Aquel que demostre ser o seu propietario pode recollela na oficina de Turviveiro”
Categoría: Xeral - Publicado o 02-07-2010 21:01
# Ligazón permanente a este artigo
Botando peito
Aquí a teñen, botando peito.
Entusiasmada e metida de cheo no ambiente.
Entre Corpus e San Roque sempre hai algo que celebrar.
Agora toca fanfarrada , música imperial e desfilar detrás do bufón de Charles Uve.
Mi madriña, o que hai que facer para manter o tipo!
Categoría: Xeral - Publicado o 02-07-2010 20:38
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal