|
|
|
|
| Reapertura |
|
Como vemos na imaxe captada deste a praia de Covas o aeroporto d´O Cembedo xa volve a funcionar. A chegada do charter fletado polos veraneantes de Madrid despertou unha grande expectación entre os bañistas. A aterraxe, fóra das pequenas molestias soportadas polos residentes do xeriátrico, os campistas e os animais dun circo italiano—un elefante, dous monos papuinos e unha ghaliña de Ghinea— foi perfecta. |
|
|
|
|
| Predición do tempo para mañá |
|
 Sen comentarios. |
|
|
|
|
| Bancada |
|
Como todos os anos por estas datas, estou feliz. Xa se empeza a animar a Praza Maior. Co seu toldo negro de excelencia turística que axiña branquearán as gueivotas, a estatua de Pastor rodeada de cables, as bancadas para os xubilados...
Por certo, observen como o pasan os nosos maiores. Algúns pensan que as bancadas son para facer ximnasia... |
|
|
|
|
| Chuvia |
|
Chove.
"La gente se queixa", dicía a señora Cesárea. "Que lle imos facer!", engadían as máis conformistas. Eu, por aportar algo ao debate, rescato esta viñeta do 2007.
E segue chovendo. |
|
|
|
|
| Pasando o ferro ( e II ) |
|
Aí o tendes. Un dos aventaxados alumnos do nocturno obradoiro Como alisar a roupa ( Iniciación ), realizado nos claustros de San Francisco. Non todos o conseguiron mais este obtivo un sobresainte cum laude. Os meus parabens á Concellaría do Home organizadora do evento. |
|
|
|
|
| Pasando o ferro ( I ) |
|
Moito éxito tivo, entre as interesantes actividades das Noites Alternativas, o Obradoiro Como alisar a roupa ( Iniciación) dirixido exclusivamente aos machotes e impartido polo milmañas da foto. Nunca entenderei porque se nos impediu ás mulleres inscribirnos neste Cursiño. Presentarei a correspondente denuncia por discriminación de sexo. |
|
|
|
|
| Os Peperrandas |
|
 O 17 e o 18 de xulllo celébrase en Grallal o VII Festival Vila de Covas. Os Cacharelos queren render nesta edición unha merecida homenaxe aos gaiteiros de Brisas do Landro: Pepe Bermudez e fillos. Do vello Pepe Randa conta Nistal: "tiña a facilidade de que si voltaban a Viveiro pola noite e o rendía o sono, colocándose entre dous compañeiros podía camiñar e dormir ao mesmo tempo..." |
|
|
|
|
| ARREAOCABO |
|
Envíanme por correo electrónico o cartaz do festival chilindrín ARREA O CABO,
( “sueltalacuerda”, que diría a señora concelleira ) e aquí o colgo para aviso de navegantes. O abolito da ghitarra non actúa.
|
|
|
|
|
| ...e outra de Area |
|
 Non todo se vai a concentrar no tanatorio de Staples Center. A concellaría de Castillos-en-larena deseñou esta homenaxe ao pé do mar. Esto chincha! |
|
|
|
|
| Unha de Cal... |
|
 O esforzado superdelegado de obras e deportes anunciaba hai días: “Estimados vecinos, en breve va a dar comienzo la obra de la carretera que discurre por San Pedro y Valcarría…” E meu dito, meu feito. Aí teñen ao rapaz en plena faena. |
|
|
|
|
|
|
|