Viveireando


Sitio onde se conserva algunha cousa e donde se propaga.

Contacta
viveireando@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Cousas que botei ao lume
Recollo as cinzas da lumeirada de San Xoán e repaso as cousas que botei ao lume:

-Unha cadeira baixiña co asento de palla ( Agora que xa non se fai tertulia na aira e que todas nos quentamos os miolos coa estufa das terrazas )
-Unha separata intitulada “Viveiro, a Venecia do Norde”. ( Cursilada finesecular dun que se fai pasar por historiador e non foi quen de principiar esta carreira na Universidade ).
-Todas as crónicas deportivas dun indocumentado que está emperrado en chamarlle “ Vivero “ ao “Viveiro”. ( Agora que o fútbol está dando paso—disque—ao “pádel” por parellas ).
-Varias partituras de marchas militares ( Como esconxuro liberador dos desfiles imperiais cos que nos ameazan de novo).

( Suma e segue )
Categoría: Xeral - Publicado o 27-06-2011 21:56
# Ligazón permanente a este artigo
Con surpresa
Hai historias que xa se sabe de antemán como van rematar e xa que nestes días en Viveiro marcha todo sobre o previsto ( ou non? ), hoxe agasálloas con algo diferente: A curtametraxe de Gary Nadeau.
O remate é surprendente.


Categoría: Xeral - Publicado o 19-06-2011 11:29
# Ligazón permanente a este artigo
O pailebot Sofía Móas

Algunhas destas tardes do mes que andamos préstanse para a lectura.
E buscando outra cousa din co libro do doctor Pardo Gómez sobre a navegación a vela na Mariña. Nel inclue unha fotografía du fermoso pailebot, o Sofía Móas. Di Pardo Gómez que foi “construido en Portochao e tripulado por mariñeiros de Viveiro e San Cibrao". A fotografía paga a pena, mais hoxe--misterios da informática--non fun quen de colgala aquí para ilustrar este comentario. Outro día será.
Colgo, iso si, outra foto ben curiosa: a do armador “Palliñas”, sentado nun norai co seu buque--moi semellante ao Sofía Móas--ao fondo.
Categoría: Xeral - Publicado o 14-06-2011 17:42
# Ligazón permanente a este artigo
A tola de Covas
Unha aproveita os fermosos días cos que nos agasalla xuño e pasea polo destragado areal de Covas.
Na aba do monte San Roque algunhas árbores autóctonas deixanse ver entre tanto eucaliptal...

E hai cen anos, que árbores se verían desde a praia?

A pregunta lévame á prosa rimada d ´A tola de Covas ( 1917 ) do viveirés Xan Pla Zubiri:

"...hastra o curuto pragado
de castiñeiros, de pinos
e de algún que outro carballo,
y-en cuyas mansas ladeiras
verdean sempre os sembrados,
que cerran os anchos cómbaros
por onde apacenta o gado... "


Algún día --prométollelo--hei de escribir, mais de vagar, sobre A tola de Covas.
Categoría: Xeral - Publicado o 13-06-2011 18:43
# Ligazón permanente a este artigo
Negociando

Primeiramente C pon como condición que dimitan tanto A coma B. E a estes dous dálles a risa.
Entón C acude á chamada de B. No intermedio A tamén fala con C...
E o conto remata. ( Polo de agora):
B e C facilítanse os contrasinais.
Entran e saen.
A porta péchase e fican os dous fóra ( Ou dentro?)




Categoría: Xeral - Publicado o 11-06-2011 18:01
# Ligazón permanente a este artigo
Cálculo
Circula pola rede o cálculo que o matemático César Aja fixo antes de que se abriran as urnas. E acertou de cheo.
Compróbeno:

Sendo n o partido dos ivicencos, 1/n significa que a Unidade esta partida por n.

X significa “eles” . En boa lóxica: “sin x” = “sin eles”.
Conclusión: Co partido partido e sin eles, o resultado é : six ( 6 ).

Categoría: Xeral - Publicado o 02-06-2011 18:44
# Ligazón permanente a este artigo
Vivirán xuntos ou separados?
El non se decatou da crise até que ela lle repetiu mil catrocentas veces ( 1.400 ) que xa non o quería.

-Iso pódelle pasar a calquer.

-O fodido do asunto—dixo el—é que só cos cinco ( 5 ) da casa non me dan as contas. Preciso nove ( 9 )... e vou ter que ir a vivir con eles.
Categoría: Xeral - Publicado o 02-06-2011 17:50
# Ligazón permanente a este artigo
Facendo traxes
Non hai quen os pare. Os falabaratos empréganse a fondo e abren os seus blogs a todo tipo de faladura. Calquer indocumentado intervén colándose nun Consulado, nun forno, ou onde sexa… e fanche un traxe nun momentiño.
Tamén te imbitan ( iso sí, con m antes de b ) a mesas redondas ou cadradas onde se imparte doctrina sobre “política e cultura” ou se coce ( nada máis lóxico tratándose dun forno ) o futuro da política local.

-Pararás coas aghullas...!

Categoría: Xeral - Publicado o 02-06-2011 17:07
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal