Viveireando


Sitio onde se conserva algunha cousa e donde se propaga.

Contacta
viveireando@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Naufraxio
“Mentiras, naufraxios e…
museos na(b)ales”,
era o título da nova película que iba ser financiada polo 1% Cultural do Ministerio
e rodada no Pazo da Misericordia.
Segundo a cenadora Gueimunde a rodaxe non comezou, o guión está a ser alterado polo Rexedor de Escena
e a Armada Española ainda non recibeu novedades. O cabo furriel Vicente Nario, está consternado.

Ai, non hai sardiña sen espiña!
Categoría: Xeral - Publicado o 12-06-2010 21:50
# Ligazón permanente a este artigo
Ornato público
Capítulo V, artigo 153 das Ordenanzas Municipais de Viveiro ( 1902 ):

“Los dueños de las casas están obligados a conservar siempre en buen estado los caños de aguas llovedizas, a fin de que no viertan en la calle”
Categoría: Xeral - Publicado o 11-06-2010 21:09
# Ligazón permanente a este artigo
Malditos recheos!
Dase en Viveiro, desde sempre, unha combinación fatídica. A persistente chuvia—como a que está a cair estes días—e o movimento periódico e alternado das augas do mar que dúas veces por día se elevan (fluxo) e descen (refluxo) até retornaren ao seu nivel medio, producido principalmente pola atración da Lúa e do Sol.
Así é frecuente escoitar, nestas húmidas xornadas, cousas coma esta:
“-E aínda menos mal que cadrou coa marea baixa...”
Circunloquios e reviravoltas para non falar dos malditos recheos e canalizacións dos nosos ríos e regatos.
E así fican impunes os seus crimes.
( Meditación en voz alta nos arredores do Canal Cachelo I, antes río Canta-rá )
Categoría: Xeral - Publicado o 11-06-2010 20:19
# Ligazón permanente a este artigo
A opinión dun experto
Unha nada sabe de náutica, confunde a proa coa popa e nunca rompeu un estrobo.
Por iso non se atreve a falar das cousas que este días se cocen no porto deportivo Pedirei axuda a un experto e nesta ocasión de seguro que me bota unha man o coñecido Capitán Tino, curtido en navegación transoceánica e asiduo colaborador de prensa,
Xa lles contarei.
Categoría: Xeral - Publicado o 04-06-2010 19:45
# Ligazón permanente a este artigo
SGAE
Despois da forte ofensiva lanzada desde a Casa Consistorial de Viveiro contra os autores e editores de música, a Sociedade que os agrupa está respondendo ao ataque municipal coa actuación do inspector da fotografía que visita bares e tabernas das Terras de Viveiro para comprobar in situ se nas sinfonolas destes antros de perdición se emite música suxeita a gravame.
Cando Teddy Bautista reciba o informe do seu inspector caerá na conta de que aquí non pinta nada, xa que só consumimos de “O colmo dos meus”, “Aquel Arre, aquel xó”, “Bágoas do Mar” e “Bágoas do Landro”, e esas formacións, xa se sabe, téñennos cedidos todos os seus dereitos (copyright ).
Así que, a rañala!
Categoría: Xeral - Publicado o 03-06-2010 19:05
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal