Viveireando


Sitio onde se conserva algunha cousa e donde se propaga.

Contacta
viveireando@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Preguntas

Non hai aquelARRE?. Hai desembarco renacentista na praia de Covas? Quen decorará o trono de Carlos Uve? Os de ODS son unha ONG? Quen montará o Belén? Os da adoración nocturna curtíronse nas noites alternativas? Os moteiros son medievais ou renacentistas? Unha concentración de motos é unha Peidorrada? Quen recollerá as bostas dos cabalos?
Ai nena, nin tanto arre que corra nin tanto xo que pare!
Categoría: Xeral - Publicado o 30-06-2009 18:16
# Ligazón permanente a este artigo
Bando

Faise saber
que daqui en diante
a sardiña molla o pan

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
Recibo da contribución
á hora da distribución.
Censo demostrando que es veciño,
para o viño.
Certificado censal,
para o sal
Hai que traguer un selo
para o cachelo

A ración serviráse nunha gorra de prato.
Todo municipal, barato- barato.
Categoría: Xeral - Publicado o 17-06-2009 20:27
# Ligazón permanente a este artigo
Cagada
Verídico. Así cachamos a este animal nun espazo público de Viveiro. Antes facíano os donos. Agora recollen eles.
Animaliño!
Categoría: Xeral - Publicado o 15-06-2009 21:56
# Ligazón permanente a este artigo
Tempada de baños ( e III )
....sometido a un cursiño intensivo de Urbanidade na afamada Academia Minerva.
E aí o teñen, de bañista na praia de Seiramar, tomando o té das cinco e convertido nun refinado
voyeur.
Estar está como un rei nunha cesta!
Categoría: Xeral - Publicado o 04-06-2009 18:34
# Ligazón permanente a este artigo
Tempada de baños ( II )
E dos primeiros días do século pasado aos anos oitenta. Si, queridas, cando lles entrou a febre de canalizar ríos e regatos. Estas fabulosas obras de enxeñaría facilitan refrescantes actividades como a captada pola cámara na populosa Cantarrá ( Canal Cachelo I ) .
Despois…interviron as Policías todas, os Grumires, os Voluntarios de Protección Civil e Militar, os da Cofradía dos de Dentro… e levantou acta o Crónico Oficial de Ourol (vive no barrio).
O porco foi reducido e…
Categoría: Xeral - Publicado o 03-06-2009 19:09
# Ligazón permanente a este artigo
Tempada de baños ( I )
Agora que principiamos a tempada de baños nos areais, non está demais mergullarse no pasado.

“Art.28. No podrán bañarse juntas personas de diferente sexo. Entre los puntos en que lo verifiquen, habrá doscientos pasos. Vuelta la cara al mar ó rio, los varones se bañarán á la derecha y las hembras á la izquierda.”

( Concello de Viveiro. Ordenanzas municipais de 1902. Moral pública. )

Categoría: Xeral - Publicado o 02-06-2009 18:02
# Ligazón permanente a este artigo
Entre lusco-fusco

Facer a paseata, entre lusco-fusco, ao pé do mar calmo. Ficar con esta imaxe libre de recheos de cemento nesta tarde de xuño. Viveirear así paga a pena.
Categoría: Xeral - Publicado o 01-06-2009 23:45
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal