Viveireando


Sitio onde se conserva algunha cousa e donde se propaga.

Contacta
viveireando@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Breviario de campaña electoral (I )
“No ano 64 aC Marco Tulio Cicerón preséntase como candidato ao Consulado, a máis alta maxistratura da República Romana. O seu irmán pequeño, Quinto, decide axudalo e escríbelle o Commentariolum petitionis—así denominado en latín este Breviario de campaña electoral--, unha longa misiva na que lle aconsella cómo bater os seus adversarios e así converterse en Cónsul”

( Das Preliminares do libro editado por Positivas e traducido ao galego polo Colectivo Onofre Sabaté )

Por se é de proveito para os candidatos á alcaldía e tamén para aviso de navegantes, recollerei aquí algúns consellos de Quinto ao seu irmán Marco.
Categoría: Xeral - Publicado o 07-05-2011 22:43
# Ligazón permanente a este artigo
Investigación
E xa cos instrumentos renovados para navegar con xeito pola rede póñome ao día. Resulta que tamén houbo unha sabotaxe no Consulado. O Sr. I ( I de Incógnito ), xa saben o Xestor do C. , queixase de que todo llo sabotean. Os inquéritos electorais, os comentarios…
E anda a investigar.
Miña xoia!
Tanto Facebook, tanto 2.0, tanta parroquia virtual, para nada.
“Con esta xentiña, nen ás minchas”, dis que dixo Sherlock Holmes, cando Watson lle foi co conto.

Categoría: Xeral - Publicado o 01-05-2011 20:49
# Ligazón permanente a este artigo
Sabotaxe
Cantos días sen poder viveirear!
O motivo desta ausencia , miñas amigas, foi unha sabotaxe en toda regra. A inutilización dos meus instrumentos de traballo. Alá van o meu vello ordenador, a impresora e até o meu telefone móbil. É o que chaman as entendidas, obsolescencia programada.
Tiven que porme ao día e agora xa teño software, hardware e tamén teléfono táctil.
Non se che riron nada de mín as empregadas da tenda de telefonía cando lles levei o meu vello aparato con cámara incorporada.
E eu que pensaba que estaba á última.
Categoría: Xeral - Publicado o 01-05-2011 20:01
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal