Viveireando


Sitio onde se conserva algunha cousa e donde se propaga.

Contacta
viveireando@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Expectación renacentista
Aínda non se abriu o prazo e xa hai unha ringleira de comerciantes locais agardando para se inscribir no mercado Renacentista. ( A foto foi tirada hoxe ás tres da mañá ).
Detectamos unha enorme expectación polo evento que vai transformar a vila de Carlos V. Escoitamos xa ruido de espadas. Traban combate os espadachíns por ocupar un posto sobranceiro na comitiva real. Berros de “este ano quero ser Xoana a Louca!” e
“ Ese presumido que non sabe levar o paso!”…
Enfín, hai animación, que queren que lles diga.
Categoría: Xeral - Publicado o 30-05-2010 22:15
# Ligazón permanente a este artigo
Recortes ( II )
Non remata unha de se afacer á enorme repercusión que acadan estas breves e mal fiadas entradas que colgo en VIVEIREANDO.
Hai só unha horas que publiquei a filtración da proposta gubernativa da eliminación das palmas na procesión do Corpus e xa teño chea a caixa do correo electrónico con cousas coma esta:

"Se pensan que co engado da camisola vou ir na procesión, van aviados. Aínda que se optasen por este outro modelo de manga longa, máis discreto, e con estrela de cinco puntas...
Asinado: o concelleiro do Bloque"
Categoría: Xeral - Publicado o 29-05-2010 19:36
# Ligazón permanente a este artigo
Recortes ( I )
Chegan os recortes económicos tamén ás procesións. A Corporación Municipal de Viveiro desfilará este ano, na do Corpus, sen palmas e en camisola.
Segundo un dossier filtrado desde a concellaría de Interior, Procesións e Romarías, afórranse así 325 euros. O documentado informe demostra que resulta máis económico procesionar coa camisola ad hoc da fotografía
( 10 euros/unidade) que encargar as 17 palmas.
Prometo solemnemente, como corresponde á festividade, que este ano vou facer un seguimento especial dos machotes corporativos pisando a alfombra floral.
Categoría: Xeral - Publicado o 29-05-2010 12:56
# Ligazón permanente a este artigo
Agardando
Aí o teñen. Sentado na Praza Maior, mais disposto a entrar na Consistorial en canto abran as portas, maleta en man e sentenzas xudiciais no peto.
E o concelleiro de Interior, Romarias do bo xantar e Finanzas a velas vir.

Categoría: Xeral - Publicado o 14-05-2010 19:58
# Ligazón permanente a este artigo
Tour xeriátrico
Á volta dunha curta viaxe por terras caribeñas atópome coa polémica arredor da apertura do xeriátrico. Unha tal Mato alega que faltan papeis e …como onde non hai papeis non calan barbas, os falabaratos atacan de novo. Todo aponta a un tour de force protagonizado por destacados membros do PPOE ou, o que o mesmo, a un tour xeriátrico onde, de aquí a aló, actuarán no Cembedo:
M (elchor ) Jagger, Keith (Balseiro) Richards, Charlie ( Habichuela ) Watts e Row ( Gayoso ) Wood, o da Caixa, que tampouco se quer xubilar.
Unha pasada de cartel.
Categoría: Xeral - Publicado o 05-05-2010 18:24
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal