Viveireando


Sitio onde se conserva algunha cousa e donde se propaga.

Contacta
viveireando@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Véndese tandem

( Da sección de anuncios dun xornal)
"PoPulares venden tandem por non poder amañalo. Guiadores enfrontados. A dirección non responde (non é Leal ).Informa César, no Río dos Foles".
Categoría: Xeral - Publicado o 29-05-2009 17:41
# Ligazón permanente a este artigo
Camisola
Recibo correos nos que me preguntan onde venden a camisola de moda.
E, queridas amigas, confeso que non volo sei.
Probade pola Praza Maior…
Categoría: Xeral - Publicado o 27-05-2009 18:24
# Ligazón permanente a este artigo
A gravata ata
A carta, queridas, principia así:
“Después de tantos viajes juntos, tantos ratos conversando, compartiendo hotel, compartiendo mesa y mantel, departiendo entre cañas o vinos, comunicándonos los pequeños detalles cotidianos o políticos, después de compartir aquellas vespertinas pizzas, o de lucir tu primera corbata de mi ropero…”
E, queridas miñas, remata así:
“Tu antiguo amigo, al que no has dejado de perseguir y pronto vas a tener la oportunidad de encontrar “
CESAR AJA MARIÑO
Non. Non é esta a carta de César Aja a Leal. Esa publicaráse máis adiante. Esta fermosa epístola, publicada hoxe no semanario local, comenza así: “Estimado Melchor”.
Acudo ao refraneiro e atopo:
“Xa o decía o señor Aja: a gravata ata”
Categoría: Xeral - Publicado o 22-05-2009 20:52
# Ligazón permanente a este artigo
Non é unha escultura

Agora xa se sabe. Os artefactos que hai anos decoran a Travesía , fronte ao edificio do Conservatorio de Música, non son parte dunha escultura postmoderna como sostiñamos daquela. Son contedores de lixo soterrados.
Cando ninguén o agardaba apareceron traspapelados nun caixón do Concello uns planos que resultaron ser os duns contedores soterrados.
O concelleiro do Lixo ( RSU din os finos ) está que bota foguetes.
Agora, a agardar uns aniños máis. Que os técnicos interpreten os planos. Que a alcaldía elabore a correspondente “guia-burro”, que se perpetre a indispensábel roda coa Prensa …e o día menos pensado sorprenderános coa posta en marcha destes sofisticados equipos nunca vistos no hemisferio norte.
Como en moitas cousas: seremos os primeiros!
Categoría: Xeral - Publicado o 19-05-2009 19:36
# Ligazón permanente a este artigo
Melloramos

Aleluia! Xa podemos viaxar pola Mariña en globo, helicóptero ou submarino. Din que o presidente da Deputación de Lugo abriu hoxe estas novas posibilidades para nos comunicar por via aérea ou marítima. O corredor da costa xa é unha vía obsoleta. Melloramos.
Os servizos que funcionarán desde o mes de setembro ( horario de verán ) serán os seguintes:
En Globo (sempre que as condicións metereolóxicas o permitan ).
-Viveiro-Xove ( Residencia ): 9:30h./ 12:30h./ 16:30h e 18:30 h.
-Viveiro-Burela: (Hospital) : 9:30h./ 12:30h./ 16:30h e 18:30 h.
-Viveiro-Foz ( Marzán ): 9:30h./ 12:30h./ 16:30h e 18:30 h.
-Viveiro-Ribadeo (Alfándega): 9:30h./ 12:30h./ 16:30h e 18:30 h.
En helicóptero:
A partir das 9 horas e de cada 15 minutos desde o heliporto de Celeiro.
( Só Viveiro-Burela. Foz e Ribadeo non teñen heliporto)
En submarino:
Partirán da base de Bares de cada hora facendo escala en Celeiro, Portocelo e Burela.
( Nen Foz nen Ribadeo terán este servizo por carecer de calado nos seus portos).

Ainda hai quen pensa que estamos incomunicados!
Categoría: Xeral - Publicado o 12-05-2009 19:19
# Ligazón permanente a este artigo
Antes / Despois

O superdelegado de obras y deportes, empeñado desde hai algún tempo en nos ilustrar nun semanario local coas súas fazañas de campo ( así estaban antes las conetas, mírenlas ahora como relocen, etc…), non dá feito. Por unha indiscreta colaboradora súa veño de me enteirar que este home vai dar unha sorpresa no agardado e orixinal Mercado Renacentista. Está a restaurar nada menos que… La Mona Lisa!
Na miña louca carreira de maldades non me resisto a incluir esta: chafarlle a exclusiva ao semanario local colgando nesta páxina a Gioconda remozada pola brigada municipal.
Estache bo o conto!
Categoría: Xeral - Publicado o 09-05-2009 11:52
# Ligazón permanente a este artigo
Probando, probando...

Aí temos a unha autoridade local renacentista probando o traxe para entrar mesmamente pola Porta de Carlos Uve.
Presume máis que un rato enriba dun queixo!
Categoría: Xeral - Publicado o 08-05-2009 21:25
# Ligazón permanente a este artigo
Febre renacentista
Elévanse as temperaturas. Xa chegou a febre renacentista e todas somos Carlos Uve. A edila que ten por lema “la cultura me persigue, pero yo soy más rápida” prepara o desembarco. Calzas, panos, veludos e brocados para todas. Por agora conformémonos coas chocolatiñas CARLOS UVE. A recreación dunha importante transnacional deseñada en exclusiva para os vilegos. Repartiranse gratuitamente na Praza Maior. “Te es para ambientar” disque dixo a edila.

E eu, sen bombachas!
Categoría: Xeral - Publicado o 08-05-2009 21:04
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal