Viveireando


Sitio onde se conserva algunha cousa e donde se propaga.

Contacta
viveireando@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Tampouco pasou desta
É ben rallante. Todos os anos vén co mesmo conto. Que se lle colleron teima. Que nunca o premian. Que non volve participar no concurso de cartaces da Semana da Paixón. Que tal e que sei eu…

A min non me estraña. Entendo as razóns que levaron aos membros do xuri a desestimar o deseño. Supoño que o que influíu á hora de deixalo fóra de concurso non ten nada que ver co billar, nen coas bolas de marfín, nen co taco…

Fíxense no pito e no fume…Están de fumareta nun local pechado!

Vade-retro, Satanás.
Categoría: Xeral - Publicado o 04-04-2011 20:32
# Ligazón permanente a este artigo
Tratamento
Disque abriron un Consulado virtual en Viveiro e estou feita un lío. Se me teño que dirixir a este Cónsul, cal é o tratamento a empregar?.

Coido que o de “Excelentísimo Señor” está reservado aos embaixadores de grado e aos de cargo. ( Aquí non hai ). Tamén os Ministros Plenipotenciarios de primeira e segunda clase son excelentísimos. ( En Viveiro, só temos un: o da Terceira Orde).

Podería ser “Ilustrísimo Señor”? Seica o son os Ministros Pleniponteciarios de terceira clase, os Conselleiros de Embaixadas e os Cónsules Xerais. ( Hai discrepancias no do Cónsul ).

Vaia embrollo!
Polo de agora tratarémolo como Señor I,

Asi son as cousas. O Señor I xa volve a navegar pola rede, e esta vez con matrícula do Corpo Diplomático.



Categoría: Xeral - Publicado o 03-04-2011 21:59
# Ligazón permanente a este artigo
Movendo os marcos
Sei de boa tinta que Aja, aspirante en maio a perpetrar un VI Cesarato, é un fiel siareiro da obra de R. Sauce, coñecido emprendedor viveirés e autor do libro “El Arte de mover los marcos” ( POZO DO PIAGO, Viveiro, 1976 ), manual de referencia para persoas emperradas en incumprir o 10º mandamento ( “Non cobizarás os bens alleos” ).

Por iso non me surprende que este abispado discípulo se ofreza como mediador para suavizar o impacto da Variante, en Magazos. Tampouco esta louvabel entrega á causa debería causar inquedanza entre a Comisión Veciñal de Magazos.

En cuestión de marcos, miñas amigas, nada mellor que un experto á hora de movelos!

Categoría: Xeral - Publicado o 02-04-2011 15:46
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal