Viveireando


Sitio onde se conserva algunha cousa e donde se propaga.

Contacta
viveireando@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Danos colaterais

Co único interese de minguar os danos colaterais que puidera ter provocado tanta paixón concentrada na semana oficial e na correspondente prórroga infantil, copiamos textualmente esta nota de "HERALDO...":
PERDIDA DE MEDIA MANTILLA
"Se perdió media mantilla de color blanco roto, con un broche de plata y azabache, y la peineta blanca, en las calles del Casco Histórico, después de la procesión de Semana Santa de los niños, el viernes 9 de abril. Se ruega a quien la haya encontrado...", etc.
Categoría: Xeral - Publicado o 17-04-2010 12:06
# Ligazón permanente a este artigo
Pailarocos
Nun dos vidros da cafetaría París anunciase: "Excursión a Villanueva de Cerdeira ( Portugal )". Onde fica, pá?

Hai pouco caeu nas miñas mans Historia en cómic. Viveiro con "revisión histórica e cultural" do Cronista da Corte que tamén asina o limiar. Nesta historieta atópase unha con lindezas polo estilo, como Villlajuán ou Junquera.

Si home si. Villajuán, que está en Cospeito (Cospecho que diría o outro).
Ai, canto pailán anda solto!
Categoría: Xeral - Publicado o 11-04-2010 18:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuvia de cartos
O señor Balseiro, xenuino representante do PPOE que agora cotiza no sector PP, anuncia unha chuvia de millóns para a comarca. Un dos primeiros en decatarse deste afortunado fenómeno atmosférico é o señor Leal posto ao día na información meteorolóxica polo señor Barreiro.
“Antes—dín que dixo un señor destes—a chuvia era cativa e bipartita ( unha pouca pola mañá e outra pouca pola tarde ) mais agora vai chover coma quen tira auga cun caldeiro”.

Haberá que avisar ao tesoureiro: A Becaría Purísima!
Categoría: Xeral - Publicado o 09-04-2010 18:58
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal