Viveireando


Sitio onde se conserva algunha cousa e donde se propaga.

Contacta
viveireando@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

De museos

Unha senadora anda a laiarse nos papeis porque nunca consegue atopar abertas as portas dos virtuais museos de Roel. Comparto a súa desgracia. Eu tampouco cheguei a coñecer esa rede museística tan publicitada. Nunca puiden entrar no Etnográfico da Misericordia, nen no de Arte Sacro en San Francisco, nen sei onde fica o dedicado a M. Mallo que seica apadriñou o ex ministro Molina.
Tampouco a señora senadora—figurinista ela—puido nunca participar nas edicións da Bienal M. Mallo. Non atopa as Bases, nen os prazos. Debe telas o pai da criatura ainda no forno ( É ceramista ).
Menos mal que contamos coa infraestrutura museística criada nos vinte anos de mandato do ex -cenador Aja Mariño: A Casa Rosada, A Casa dos Leóns, A Casa da Árbore da Misericordia…
Hai que ter confianza en Deus que é santo vello!

Categoría: Xeral - Publicado o 26-04-2009 18:39
# Ligazón permanente a este artigo
A Banda de Música estrea novo uniforme
O prometido cumpriuse. Dínme que a concelleira remata de facer a presentación dos novos uniformes para a esforzada Banda de Música. Son orixinais, a verdade. Non teñen abrigo mais teñen unha capa que é máis practicabel. Tamén me contan que un músico melenudo protestou polo deseño do casco.” Non teñen remedio. Non querían uniformes? Pois aí os teñen”—dis que dixo a edila—“Ademais no verán poden descapotarse”, concluiu a cumpridora señora.

Categoría: Xeral - Publicado o 06-04-2009 14:06
# Ligazón permanente a este artigo
Fósil
Os formidabeis cadros pendurados das fachadas de Viveiro nestes días da Semana da Paixón non son—ainda que proceden da Idade Media—os vestixios máis antigos. O Gabinete de Estudos T. de V. demostrou que o fósil atopado a semana pasada intra murallas—un trompeteiro do Encontro—permite datar as primeiras procesións arredor do ano 34 ( d. C. ). Os prestixiosos investigadores de Terrícolas de Viveiro manifestaron que a Sevilla do Norte pode estar tranquila. “Ninguén antes que nós, ninguén mellor que nós”, dixeron.
E eu, machiños, doume por satisfeita.
Categoría: Xeral - Publicado o 06-04-2009 11:56
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal