Viveireando


Sitio onde se conserva algunha cousa e donde se propaga.

Contacta
viveireando@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Que parva que sou!
Canta mocidade sen traballo hai en Viveiro?
Canta xente que estudou pode traballar aquí?
Cantos dín: "vou queixarme pra que?"


Categoría: Xeral - Publicado o 27-03-2011 21:34
# Ligazón permanente a este artigo
...e respostas
Contesto:
Benquerida amiga:
Para responder ás súas inquietantes preguntas coido que veñen aquí a conto os acertados versos de don Xoán da Cova:

“Padres buenos, hijos buenos;
los de malos, malos son;
algunos salen obscenos,
no hay regla sin excepción”


Resumindo: para aforrarmos no futuro tantos ríos de tinta como os que se lle han dedicar a esta “crise do levador” compre que atallemos o problema desde a infancia. Debemos popularizar a sacrificada ocupación de levador ( noutras latitudes: costalero ) proporcionando ás nosas crianzas xoguetes apropiados.

Menos game boy e máis madelman do levador!

Categoría: Xeral - Publicado o 27-03-2011 15:49
# Ligazón permanente a este artigo
Preguntas...
Condoída pola miña fraqueza de ánimo unha amábel seguidora escríbeme coa finalidade de que cobre alento e volva ás andadas.

“ Moito botei de menos algún comentario seu sobre a “crise do levador de santos”, o novo andacio que percorre Viveiro. Para viveirear con xeito non pode vosté pasar do asunto no que toda viciña furga. Compre dotarmonos dun “Manual do Bon Levador”? Haberá que exixir un carnet para cargar coas piedosas imaxes? Están debidamente preparadas as instrutoras da Semana Santa dos Nenos? Chegará ao Vaticano a brincadeira ou pararanlle os pés en Mondoñedo?...”
Categoría: Xeral - Publicado o 27-03-2011 15:47
# Ligazón permanente a este artigo
Non á guerra!
As novas destes últimos días téñenme aterrada. A catástrofe do Xapón, o cinismo dunha guerra polo control do petróleo…
Nen sequer as brincadeiras dos piedosos confrades levadores dos santos—e ben que o podía facer a retórica carta publicada en Viveiro-- me libran deste desacougo.
Así que hoxe, como onte, manteño o meu berro: non á guerra!
Categoría: Xeral - Publicado o 25-03-2011 20:42
# Ligazón permanente a este artigo
GPS
Estou impaciente. Desde que anunciaron as obras para ampliar a ponte de Verxeis, ando a estudar rotas alternativas para entrar e sair da Vila, non vaia ser que o comezo das obras me colla de surpresa.
E coñecedora das miñas preocupacións a miña filla maior, que é toda unha experta nas novas tecnoloxías, agasalloume hai uns días un práctico GPS ( Global Positioning System ) e agora conduzo con moita máis seguridade.

Que principien as obras cando queiran!

Categoría: Xeral - Publicado o 13-03-2011 12:21
# Ligazón permanente a este artigo
Tamboriladas
Coa publicación dunha carta no xornal veño de me inteirar de que as tamboriladas e cornetadas perpetradas no Pazo da Misericordia foron motivo de queixa dun veciño con consulta médica no edificio colindante.
Segundo conta, as súas queixas cairon en saco roto pois seica cada vez que o paciente sofredor se entrevistou co alcalde este o obsequiou cunha “milonga”. E foron varias.
Pois teno claro o paciente médico. Seguirá soportando o pomporrompón cuaresmal todiñas as semanas, sexan santas ou non. Os cofrades levan en gosto esas prácticas e non hai ninguén en Viveiro que ouse limitar tan delicadas interpretacións procesionais.
Así que o queixoso ten dúas saídas: ou reconciliarse coa música celestial ou ir ao consistorio e que lle canten outra milonga.
-“Compañeiro sei tocare…”
-“Compañeiro que sabes tocare?”
Categoría: Xeral - Publicado o 02-03-2011 22:19
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal