|
|
|
|
| Bocas rachadas |
|
Aínda que estes días non ando nada católica, farei un esforzo para asistir á bendición urbi et orbi que imparten para toda A Mariña os recoñecidos politicólogos Caín e Abel, doutorados ambos e dous en Cainismo pola UDB ( Universidade de Beiramar ).
Segundo anuncian vai arder o eixo e o carro. Despois para apagar o lume han darse á bebida porque… “hai que mollalo, hai que mollalo”.
Na sobremesa disertará o doutor sobre a Unidade, ( “buena si es alavesa, pérfida si es do Povo Galego” ) e todas remataremos convencidas de que o catalán Joan Miró
(1893-1983 ) sería un ninguén de non se ter inspirado na obra do famoso ceramista e construtor de capelas sixtinas, don Sito O ´ Regal.
Non hai como darlle á lingua e, de cando en vez, mollar a palleta.
|
|
|
|
|
| Non sería premiada |
|
Dín que non, que a Semana da Paixón e a Prosperidade da Hotelaría nada teñen que ver. E por iso esta foto nunca resultaría apropiada para anunciar a intensa actividade procesional que nos vén enriba. |
|
|
|
|
| 21 de marzo: Día das Tortillas |
|
Envíanme o programa de actividades arredor da tradicional celebración viveiresa que, gostosa, reproduzo para as miñas seguidoras.
Día 15: PREGÓN-CHARLACOLOQUIO ( MONÓLOGO )
“As tortillas: unha tradición finesecular nesta Venecia do Norte”
Don Crónico Lo Cal
Día 17: MESA MUNICIPAL E GUBERNATIVA
-“A elaboración da tortilla ( Guía-burro)”
Excmo. Sr. Rexidor
-“Como separar o ovo da clara”
Sr. Leal ( Semiportavoz do PPOE )
-“Como separar a clara do ovo”
Sra. Gueimunde ( Cenadora e portavoz en prácti cas do PPOE )
-“Un bo cocido mellor que unha tortilla española”
Sr. Goás , concelleiro do Bloque.
-“ Melchor, bótolle cebola ou allo?”
Don Orlando, concelleiro de Izquierdas.
Día 20: MESA-CANTADA
-“A tortilla aventada ou sen aventar?”
Doctor O´Bígamo
( Todos estes actos desenvolveránse no Salón Multiusos do Concello e darán comenzo ás 20 horas, agás o Pregón… que dará comenzo ás 18 h. ( monólogo longo ) e a Mesa-Cantada que se perpetrará no Casino).
Que lles aproveite!
|
|
|
|
|
| Explicación |
|
Reaparece o concelleiro de asuntos de Interior e propón a disolución inmediata da sociedade TURVIVEIRO. Despois de profundar durante un sexenio no estudo das contas da sociedade, chegou á seguinte conclusión que explicou co gráfico que copiamos:
“A función f tende cara o límite L cerca de a si se pode facer que f (x) estea tan cerca como se queira de L, facendo que x estea o suficientemente cerca de a, mais sendo distinto de a”
O que sabe, sabe.
|
|
|
|
|
| Merchandising ( II ) |
|
...ou andar de gorra.
Hanche estar divertidas as procesións! |
|
|
|
|
| Merchandising ( I ) |
|
Nestes días de Cuaresma as penitentes atópanse na operación "Escolma de meus". Teñen que se decidir entre levar camisola... |
|
|
|
|
| Descontente do adestrador madriveirés |
|
O adestrador madriveirés César Aja manifesta públicamente o seu descontente con parte do equipo que antes adestraba. Segundo parece un dos xogadores abusou dos pasteis de crema e agora é adicto ao San Marcos. En resume, non baila ao son que lle marca o adestrador e dálle á crema pola súa conta. ( Dín que come máis de cinco millóns de pasteis por temporada e por máis que o amenazan con ESTACA, non deixa de engordar en Lugo).
Triste papel. El, que tamén papou pastel en cantidade ( Pescanova era o seu favorito) vese, agora, fondón e pouco áxil e só é quen de bailar “pajaritos a volar” nas ceas-baile do partido.
|
|
|
|
|
| Dálle que non ve! |
|
Incrédulos hai que negan a existencia da Rede Museística Municipal.
E agora que a Xunta vén de recoñecer un novo Museo en Viveiro é o momento de pór ao día a estes impíos.
Ao Etnográfico da Misericordia, ao Nabal que comparte edificio, ao de M. Mallo no Pazo do Cristo dos Malates, e ao Centro de Interpretación da Semana da Paixón vense sumar agora o de Xunqueira.
Ao curtido promotor, parabéns, e… dálle que non ve!
|
|
|
|
|
| Vista ( parcial ) de Canta-ra |
|
 Presentan o Plan de Ordenación do Litoral e, agora que o raposo volve estar ao coidado das galiñas, unha anda coa mosca tras da orella.
Esta vista ( parcial ) de Canta-rá lémbrame a desfeita que fixeron os mesmos que agora insisten en ordenar o litoral.
|
|
|
|
|