Viveireando


Sitio onde se conserva algunha cousa e donde se propaga.

Contacta
viveireando@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

"Tamén a choiva"
Poden pasar moitos días e mesmo meses sen que poidamos ver nas tres salas de Multicines A Mariña de Viveiro unha película que pague a pena. Estes días tivemos a oportunidade de ver o filme de Iciar Bollaín que veu paliar algo este estado de abandono que padecemos en Viveiro.
Para poder ver “ 18 comidas”, a película de Coira, tiven que aproveitar unha viaxe a Lugo pois ás salas de Viveiro non deu chegado. Ás veces indago na carteleira comercial e nada atopo de interese. Abondan, iso si, películas ianques para estupidizar adolescentes…
Por iso aproveito para lles recomendar a última obra de Bollaín. A película dentro da película. A colonización americana por parte do imperio español e a guerra da auga, na Bolivia do ano 2000. Unha mistura da colonización imperial do XV coa do XXI.
Non perdan a ocasión e vaian ao cine.
Categoría: Xeral - Publicado o 20-02-2011 13:09
# Ligazón permanente a este artigo
Aja e a Coca ( e II )
E que dí Víctor J. Sanz? Lemos en “ A edulcorada publicidade de Coca-Cola”
“Por cada persoa corrupta hai 8.000 doando sangue”.
"Novamente estamos diante duna comparación desafortunada… e falsa. Segundo un informe da Organización Mundial da Saúde, en 2007 recolléronse 85.000.000 doacións de sangue en todo o mundo. Polo tanto, segundo Coca-Cola, en todo o mundo debe haber apenas unhas 10.600 personas corruptas. Ridículo, verdade?
(… ) sinxelamente, non saen as contas. Mesmo no caso de que cada persoa corrompíbel estivera emboscada por 15 individuos desa caste, os 10.600 contaríanse en EEUU e iso, desde o punto de vista estadístico e lóxico, é imposibel (…).
“Por outra parte, imaxínome á dirección o PP redactando agora mesmo un comunicado no que exprese a súa "oposición" a esta comparativa que ningunea a moitos dos seus dirixentes, deixandoos sen o seu merecido posto entre os 10.600”.
Categoría: Xeral - Publicado o 14-02-2011 22:10
# Ligazón permanente a este artigo
Aja e a Coca ( I )
Se o candidato Aja piratea o último vídeo da Coca-Cola e despois de o manipular colga o enxendro no seu blog co título " Viveiro necesita un cambio", a unha non lle queda outra que copiar e pegar o que dí Víctor J. Sanz sobre as comparanzas desatinadas e falsas que fai a multinacional e que espalla Aja.
E como unha non ten vocación de estupefaciente, nen colga aquí o vídeo da coca nen dá as señas do blog do ex.
Categoría: Xeral - Publicado o 14-02-2011 21:23
# Ligazón permanente a este artigo
A culpa foi do Cha-cha-chá
“La culpa fue del Cha-cha-chá,
si, fue del Cha-cha-chá
que me volvió un caradura
por la más pura casualidad “

( Gabinete Caligari, 1989 )

RECEITA:
Bótaselle a culpa ao outro. Propágase o embrollo. Os Medios, pican. Axítase uns cantos días e…xa temos un novo demo que se chama Interventor.

TRATAMENTO:
Absterse de informar sobre cantos cartiños se deben. Pasar de facer o obrigatorio Orzamento para saber o que se pode ingresar e gastar. Vivir de aclamación en aclamación. Distrair á parroquia en saraus. Berrar de cando en vez: “Ai vén o lobo!”.

- "E si facemos fresbanquin?"

Categoría: Xeral - Publicado o 05-02-2011 12:58
# Ligazón permanente a este artigo
Arrincada de cabalo...
...e parada de burro.

Con Álvarez Cascos falábase—lembran?—do AVE do Cantábrico. Despois os do $OE marearon a perdiz co do “mini-AVE” que disque ían duplicar a vía e a incrementar a velocidade do tren até os 160 Km/h.
E agora Fomento ( ola don Pepito!...) conxela o plan.

Tanta planificación para nada.
A esta xentalla do PPOE houbolles quedar o cu descansado.
Categoría: Xeral - Publicado o 01-02-2011 17:42
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal