Viveireando


Sitio onde se conserva algunha cousa e donde se propaga.

Contacta
viveireando@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Outra virxe máis
A cousa está que arde. Hoxe anuncian unha nova incorporación que vén a incrementar o censo de virxes que desfilarán na semana da paixón. Desta vez trátase da Virxe da Clemencia.
En Viveiro todo é un bule-bule. Pasan o ferro aos hábitos dos nazarenos, contan os capirotes, fornécense de velas, preparan ofrendas, o piadoso pregoeiro ensaia diante do espello, redobran os tambores e desafinan as cornetas.

Aleluia, xa temos nova virxe!
Categoría: Xeral - Publicado o 27-02-2010 14:27
# Ligazón permanente a este artigo
O fútbol en horas baixas
Andiveron os do Viveiro F. C. enleados co Concello. As subvencións non chegan e seica a crise tamén afecta ao ptimeiro equipo. Os xogadores non cobran, hai baixas de asociados e o da publicidade minguou.
E aínda por riba hai xente que por non pagar entrada empoleirase nos edificios veciños.
Categoría: Xeral - Publicado o 27-02-2010 13:50
# Ligazón permanente a este artigo
Señorío

Cando estaba a facer o comentario anterior, lembreime de Cunqueiro. Nun dos seus moitos artigos escrebiu sobre unha dona Fulana de Parga ( dos Pargas e Saavedras que se decían parentes cercanos de Nosa Señora ) e que “ vivía en Viveiro de Lugo, rezaba así os dices do seu cotidiano rosario:

“Dios de salve, María;
parienta y señora mía,
llena eres de gracia…

E os criados respondían:

Santa María,
parienta de usía,
madre de Dios, ruega señora…”
Categoría: Xeral - Publicado o 10-02-2010 19:18
# Ligazón permanente a este artigo
Arte andaluz e crise
Seica unhas señoras cofrades están de estreno. Xa teñen nova imaxe con luxosa vestimenta. O encargo fixéronllo a un escultor cordobés. O bordador da vestimenta tamén é andaluz. Ole tu grasia!
Non sei o que custaría esta nova incorporación ao prestixioso cadro procesional. Tanto ten. En Viveiro somos así de ousadas e o mellor para combater a crise económica sonche estas cousas.
A receita serve tamén para a solidariedade. Axudamos a Haití organizando unha cea-baile no Casino.
Deus nos colla confesadas!
Categoría: Xeral - Publicado o 10-02-2010 18:46
# Ligazón permanente a este artigo
Desculpen as molestias
Acollínme ao Plan E e puxen a computadora patas pa riba. Agora estou en obras e feita un lío. Teño unha chea de facturas difíciles de xustificar e non sei si as obras pagarían a pena.
Categoría: Xeral - Publicado o 08-02-2010 19:30
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal