Viveireando


Sitio onde se conserva algunha cousa e donde se propaga.

Contacta
viveireando@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Desafortunado deseño
Ainda ben non arrefriaron as brasas do Enterro da Sardiña e xa andan os de Viveiro presentando a Semana da Paixón.
Despois da carallada vén o sofrimento.
É por iso polo que o inxénuo deseñador participante no concurso para promocionar a Semana non tivo sorte con este traballo.
" Ímoste premiar—dixéronlle os das Cofradías—cando San Xoán baixe o dedo, rapaz”.
O dito: despois da carallada…
Categoría: Xeral - Publicado o 27-02-2009 17:55
# Ligazón permanente a este artigo
César Aja pide asilo...político
Envíanme un dossier cheo de informacións non moi contrastadas. Nel manteñen que o pasado luns César Aja, amadriñado por dona Ana Pastor entrou na Residencia Betania de Viveiro—si, no Asilo—pedindo praza. Nada máis lonxe da realidade. O Ex entrou, nen máis nen menos, seguindo a Pastor, para solicitar asilo. Asilo político, pois, disque o 1 de marzo, hai peregrinatione.
Categoría: Xeral - Publicado o 18-02-2009 17:50
# Ligazón permanente a este artigo
Corredor da Costa ( II )

Nunha das últimas roldas coas chicas da prensa perpetrada por Falabarato deixouse cair, como quen non quer a cousa, esta primicia. Trátase do deseño do Monumento ao Corredor da Costa financiado pola Consellería de Infra Estruturas. Rumoréxase que nolo van colocar no alto do Cruceiro, perto do apeadeiro do AVE do Cantábrico.
Ai logo! E diciades que non tiñamos Corredor…
Categoría: Xeral - Publicado o 13-02-2009 18:52
# Ligazón permanente a este artigo
O Corredor da Costa ( I )
Parolaban as miñas veciñas…
Que si estaba rematado ou non, que xa canto hai que o inauguraran, que moitas multas puxeran os de tráfico…
Mira que é rápido—dixo unha—. E tanto—replicoulle outra—a de anos que leva feito e ainda hoxe ninguén o viu!
Categoría: Xeral - Publicado o 13-02-2009 18:01
# Ligazón permanente a este artigo
De Montevideo para Viveiro
Leal, axente da coñecida xestoría de detectives FEIJO09, interceptou hoxe esta mensaxe.
Ánimo, Emilio, hai que varrer cando vai aire.
Categoría: Xeral - Publicado o 07-02-2009 18:34
# Ligazón permanente a este artigo
Lanzamento de disco

As pistas de atletismo—con campo de fútbol de herba artificial—inauguradas por sorpresa en Lavandeiras ( Celeiro ) hai apenas unhas horas, están que ferven de tanta actividade. Un dos atletas convidados ao acto inaugural, o estoniano Gard Kanter, campeón do mundo en Osaca, mandou o disco a 73,38 m.
Mandar mandouno…,mais con tan mala sorte que o chantou diante da piscina municipal.
Ai teñen ao de Tallin fachendeando co estropicio.
Quedar, quedou coma un pepe!
Categoría: Xeral - Publicado o 06-02-2009 20:40
# Ligazón permanente a este artigo
Nova instalación en Lavandeiras
Disque en 7 días, nin máis nen menos, Lavandeiras contará cun novo Servizo Municipal. Disque o alcalde o vai instalar ao pé do grande toldo onde bailan os maiores.
Disque xa instalaron os letreiros. Disque van dar de comer herba artificial. Disque…
Categoría: Xeral - Publicado o 03-02-2009 18:02
# Ligazón permanente a este artigo
De afeitados

Pídenme unha proba do afeitado de Leal, o grande leader do PPOE en Viveiro.
Non a teño.
Co único que conto é coa foto da Barbería de Lugo ( na rúa San Marcos ) onde--contan--o afeitan alomenos unha vez ao mes.
Categoría: Xeral - Publicado o 03-02-2009 17:41
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal