Viveireando


Sitio onde se conserva algunha cousa e donde se propaga.

Contacta
viveireando@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Feliciano 2010
Che sera?

( Clica no título da canción)
Categoría: Xeral - Publicado o 30-12-2009 12:38
# Ligazón permanente a este artigo
Inocentada
Vaia trola me colaron! E sendo día de Inocentes non me decatei e piquei como unha parva.
Non hai tal teleférico.
Non existiu convite.
El xa non gosta do Marqués de Cáceres.
Non hai acredores porque non hai débedas.
E teremos que seguir subindo, unhas veces a pé e outras andando, até a cima de san Roque.
Un atraso!
Categoría: Xeral - Publicado o 28-12-2009 13:57
# Ligazón permanente a este artigo
Inauguran teleférico en Viveiro
Así, por sorpresa, hoxe, 28 de decembro, foi inaugurado o servizo de Teleférico entre o barrio da Ribeira, no casco vello de Viveiro, e o monte San Roque.
A obra feita en tempo record contou cos fondos do Plan E. Unha empresa portuguesa, con experiencia neste tipo de instalacións, fixo o resto.
“Era unha obra programada polo meu antecesor—declarou o alcalde—e quixen darlle unha sorpresa”. César Aja, que participou como convidado de honor na primeira viaxe deste artefacto ,manifestou: “Estou feliz, agora só isto remataría ben se alá enriba tivesen Marqués de Cáceres”.
Tinto non sei se houbo. Iso sí, correu abondosa a 1906. E seica o equipo de goberno tamén, perseguido por un colectivo de acredores que os seguiu monte abaixo dándolle caza no Campo das Cagallas onde lles fixeron asinar un pagarei con data 28-12-2010.
Que cousas pasan!
Categoría: Xeral - Publicado o 28-12-2009 13:34
# Ligazón permanente a este artigo
A mocidade non ten albergue
Queíxanse as mocidades do BNG. A Consellaría que leva o dos albergues non lles abre as portas para poder pasar unha destas frías noites de inverno. Pretenden os de Galiza Nova dispor do albergue de Area, como teñen feito outros anos, para facilitar a pernoita dos participantes nas XI Xornadas do Reino de Galiza.
Pobriños! Non se decatan de que esta Xunta non quer que a mocidade ande dándolle voltas ao do Mariscal. Os albergues son para apoio das peregrinaxes serias e non para contribuir a que a mocidade perda a cabeza.
Categoría: Xeral - Publicado o 18-12-2009 23:24
# Ligazón permanente a este artigo
Ostia

Porto de Ostia entrevisto desde o Hotel As Sereas
Categoría: Xeral - Publicado o 14-12-2009 17:59
# Ligazón permanente a este artigo
Bruto ( III )

Prometín contar o desenlace. E nesas estaba cando neste blog danme o traballo feito.
( Pareado: o alumno non é leal e ademáis traduce mal).
Categoría: Xeral - Publicado o 14-12-2009 17:13
# Ligazón permanente a este artigo
As táboas de cronogramas
Un tal Agustín Hernández mantén que a tal VAC, ten prazos. Agora si, agora ten prazos. El que estivo nos gobernos de Fraga, con Alberto I
El Habichuela na Consellería, dedicado a marear a perdiz, ( a variante de Viveiro por aquí, a variante de Viveiro por alá…lembran? ), vénnos agora co conto.
O conto é vello. Cantos políticos do PPOE nos contaron a mesma trola?
“O “T” da Costa, as variantes, o corredor, a vía de alta capacidade…xa che estaban—dime unha amiga—nas famosas táboas de cronogramas cando Moisés abría os camiños…e mira tí o que ten chovido desde aquela!
Categoría: Xeral - Publicado o 11-12-2009 20:08
# Ligazón permanente a este artigo
Belén ( II )
Sempre hai un alma caritativa e Viveiro non podía ficar sen Belén. É unha montaxe para tempos de crise. Tendo de todo é de baixo consumo ecolóxico e verde. O de verde é pola presencia da Benemérita. Nótase que as armadanzas son xente de orde.
“Pero mira como beben…”
Canten, coño!
Categoría: Xeral - Publicado o 10-12-2009 19:26
# Ligazón permanente a este artigo
Aproveitado
Dous dos artífices do bicentenario do naufraxio acusan a Roel de roubarlles a idea.
Eles constituiron unha comisión independente, mais veu o alcalde e birloulles a programación.
Si home sí, coménzache ben o conto!
Categoría: Xeral - Publicado o 04-12-2009 19:19
# Ligazón permanente a este artigo
Sinal ( II )
Nas beirarrúas sometidas á ciruxía EstÉtica do Plan E ( un simple cambio de cor ) imos indefensas da dereita á esquerda, e vice-versa.
“ E agarda que chegue o Plan F”, dime a outra…
Categoría: Xeral - Publicado o 04-12-2009 18:53
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal