Viveireando


Sitio onde se conserva algunha cousa e donde se propaga.

Contacta
viveireando@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Nova escultura en Viveiro
Non. Non é unha nova figura do Belén de Viveiro. Trátase nen máis nen menos que do incansábel executivo da Empresa X que leva varios meses intentando cobrar. E así ficou na fachada da nova Consistorial. Despois de moito ir e vir, agarde que vén agora, volva vosté mañá e de escoitar a famosa canción na barra do bar : “ la culpa no es del cha-cha-chá, es del interventor ”.
Todo pola pasta. “Estálle ben—din no Concello—por meter os fociños onde non debe!".
Categoría: Xeral - Publicado o 29-12-2008 18:55
# Ligazón permanente a este artigo
ApoIU
Remata o ano é, aleluia!, o de IU xa pode demostrar que o seu apoio aos orzamentos do seus ex está xustificado. Estes días concluiron os traballos de pintado da nova instalación deportiva que servIU para que o excompañeiro lles dera o seu voto. Vaia esta imaxe como demostración. Non é a pista que el pidIU, mais é un magnífico campo de fútbol non moi lonxe de onde el a quería.
Nunca tal se vIU!
Categoría: Xeral - Publicado o 24-12-2008 12:57
# Ligazón permanente a este artigo
Que me baixo!
Andan a voltas agora cos pasos elevados para peóns. Que si están mal construidos, que si provocan desperfectos nos autos...Dín nos papeis que un concelleiro do PPOE ( sector PP ) vai levar o asunto ao salón de plenos. Tremendo debate. Mentras seguen a discutir sobre o sexo dos anxos, Viveiro soporta unha rede viaria do século XIX. Non hai circunvalacións e todo o tráfico rodado pasa pola Travesía. Onde vai o prometido desdobre da Variante? E a vía de alta capacidade Ferrol-San Cibrao?
Que paren o mundo, que me baixo!
Categoría: Xeral - Publicado o 17-12-2008 22:15
# Ligazón permanente a este artigo
A cabalo por Celeiro
Leva moito tempo a rúa Lavandeiras de Celeiro empantanada cunhas obras interminábeis. Meses e meses con valados amarelos por todas partes e tapas dos rexistros sen colocar. Tanto abandono ten obrigado a unha das dúas conserveiras a
volver a utilizar as súas antigas carruaxes de reparto para así poder superar mellor a carreira de obstáculos. Compróbeno nesta fotografía feita hai quince días.
Despois de tanta promesa incumprida os chilindrís téñeno claro. Disque moitos xa non se fían de Melchor e só se queren cartear con Gaspar e Baltasar.
Arre cabalo!

Categoría: Xeral - Publicado o 14-12-2008 13:06
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto en Viveiro
Comúnicannos que o vindeiro 28 de decembro teremos a oportunidade de asisitir a un concerto gratuito do coñecidísimo grupo SOTERRA2 PERCUSIÓN.
A actuación dará comezo contra as 12 da noite nos non natos depósitos de lixo soterrados que desde hai anos ocupan parte da vía pública diante mesmo do Conservatorio de Música de Viveiro.
Por fín saberemos para que serven eses artefactos!

Categoría: Xeral - Publicado o 12-12-2008 19:31
# Ligazón permanente a este artigo
Don Sito O. Regal ( I )
Disque don Sito sae hoxe nos papeis e se declara renascentista por todos perseguido.
Xa, xa. Renascentista.
Quen persigue a don Sito?
Pico, zorro, zaina.
Categoría: Xeral - Publicado o 06-12-2008 13:17
# Ligazón permanente a este artigo
A dúas velas
Queixábase hai uns días a concelleira do PPOE ( sector PP ) e tamén senadora, señora Gueimunde, das penurias polas que están pasando as santísimas cofradías de Viveiro xa que non recibiron as prometidas subvencións do Concello. Unha inxustiza. De seguir así, veránse obrigadas a redobrar os tambores e a petitoria. Con toda seguridade seremos testemuñas—unha vez máis—do desfile de comisións recaudatorias como a que tivemos ocasión de inmortalizar na fotografía. Os Nazarenos dos da Praia desfilaban polo areal de Covas este verán pasado.
Estámosche bos!

Categoría: Xeral - Publicado o 01-12-2008 21:02
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal