Viveireando


Sitio onde se conserva algunha cousa e donde se propaga.

Contacta
viveireando@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Montarase o Belén?
Desde hai uns poucos anos, e por estas mesmas datas, algúns viveirenses fanse esta piedosa pregunta:

-E montarase o Belén?

A unha servidora, impía como xa saben, que se instale ese Belén, nada lle preocupa. Mais, ten por seguro. que é outro belén o que se vai montar...
Co permiso dos levadores , de Goldman e de Sachs.

Que llo pregunten a Mariano...


Categoría: Xeral - Publicado o 26-11-2011 11:04
# Ligazón permanente a este artigo
Xornalismo
O escritor Joseba Sarrionaindía fai, en Ni ez naiz hemengoa , un percorrido polos titulares do diario Moniteur Universel que no mes de marzo de 1815 segue o avance do ex -emperador Napoleón Bonaparte cando, recluido na illa de Elba, decide reunir aos seus e voltar a París:
Día 9: “ O monstro fuxiu do seu desterro”
Día 10: “O ogro corso desembarcou en Cape Jean”
Día 11: “…a súa miserable aventura rematará, como a dos delincuentes, nas montañas”
Día 12: “ O monstro chegou até a cidade de Grenoble”
Día 13: “O tirano está na zona de Grenoble e Lyon. Todo o mundo está aterrado…”
Día 18: “O usurpador ousou achegarse…”
Día 19: “…achégase con paso veloz, mais élle imposible entrar en París”
Día 20: “Napoleón chegará mañá ás murallas de París”
Día 21: “O emperador Napoleón está en Fontainebleau”
Día 22: “Onte pola tarde a súa Maxestade o Emperador fixo a súa entrada pública nas Tullerías. Nada pode superar este regocixo universal”

E digo eu: atentas todas aos titulares despois do 20-N.
Categoría: Xeral - Publicado o 19-11-2011 12:03
# Ligazón permanente a este artigo
Actuación
Onte pasou polo Teatro Pastor Diaz o cantante Pepe Blanco que interpretou, entre outras, "Cocidito madrileño", "Madrid tiene seis letras"...Estáche boa navalla!

Metín os pés polas mans e pido desculpas. O cantante da actuación foi outro, pois este é da época do vinilo. O que actuou onte é o que ornea aquilo de “Santa Marta tiene tren, Viveiro tiene tranvía”, “AVE María”…

Insisto: Estáche boa a navalla!
Categoría: Xeral - Publicado o 18-11-2011 19:36
# Ligazón permanente a este artigo
Mitin
Ai, deixa de falar para diante e pensa o que dis!




Categoría: Xeral - Publicado o 16-11-2011 20:51
# Ligazón permanente a este artigo
Rubaljoy
Recibo por correo a tarxeta censal. Tamén, por correo ordinario, estas gafas para ver en 3 D. Sei que se as poño serán a miña perdición. Eu non quero dar paus de cego e non preciso delas. Devolvereillas a Rubaljoy un día destes.
Categoría: Xeral - Publicado o 13-11-2011 19:45
# Ligazón permanente a este artigo
Estrada equina
Hai meses un veciño de Viveiro, despois de sofrer un accidente provocado polas bestas que andan ceibas pola Gañidoira—esa estrada equina de último deseño—,queixouse diante do Valedor do Povo. Pois ben, agora veño de me inteirar da resposta que a Consellaría do ramo lle remitiu a esta institución. E non ten desperdicio.

“ Esta estrada LU-540 foi acondicionada para dotala dunhas caracterísicas técnicas que a melloraron de xeito notable. Con ocasión desa actuación barallouse a posibilidade de instalar o que se coñece como pasos canadienses, ( obstáculos para evitar que os animais circulen libremente ), pero desbotouse ante a forte oposición veciñal”.

Agora todo cadra e se algún despistado non se decatou no seu momento desta “forte oposición veciñal” que condicionou a notable obra é que daquela estaba na horta e non vía as verzas, non lles parece?

Categoría: Xeral - Publicado o 06-11-2011 19:35
# Ligazón permanente a este artigo
Tres anos viveireando
Hoxe VIVEIREANDO cumpre tres anos.

Categoría: Xeral - Publicado o 03-11-2011 19:47
# Ligazón permanente a este artigo
Botaron a lingua a pacer
Cando apareceron de ganchete, botaron a lingua a pacer: “Habemos facer auditorías: unha interna e outra externa” ( Faltoullles mencionar a “mediopensionista” ). Non sabían que non se poden botar as contas sen a taberneira e agora veñen cunha man chea de nada e outra de cousa nengunha, porque se decataron—ninguén lle lo dixo antes?—de que auditar as contas do Concello por especialistas externos custaría arredor dos 400.000 euros. E non o van facer.
Hoxe non se poden estirar os pés máis do que dá a manta e toca aforrar

Estáche bo o conto!
Categoría: Xeral - Publicado o 01-11-2011 17:44
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal