Viveireando


Sitio onde se conserva algunha cousa e donde se propaga.

Contacta
viveireando@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Naufraxios
Calquer que sega con atención os acontecimentos locais comprobará que en Viveiro nada se pode realizar sen que falte a correspondente celebración eucarística. Non importa quen sexa o organizador, mais a misiña que non falte.
Despois virán co conto da crise, e se hai que montar un toldo para albergar o acto aínda que teñan o templo parroquial a poucos pasos, chántase o acampamento e xa pagará chaqueta de la…
Ademáis como coa misa solemne non lles chega, teñen que botar man do exército e da bandeira. E por vez primeira, que nen os tempos do franquismo se viu tal, loce a rojigualda nos Castelos.
Asi naufraxian aqueles que van de progres pola vida.
Non se decatan que a gaivota xa lles papou a rosa
Categoría: Xeral - Publicado o 01-11-2010 18:36
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal