Viveireando


Sitio onde se conserva algunha cousa e donde se propaga.

Contacta
viveireando@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Desmontan en Viveiro a porta de Carlos V
Así é. Os traballos para desmontar, pedra a pedra, a emblemática Porta de Carlos V, xa comezaron.
( Vexan a fotografía de P. Losada publicada hoxe nun xornal ).
E todo este traballo é para a substituir polo Portal… de Belén.
Xa unha decía hai días que se ía montar.
E vaise montar.
Milleiros de VOZes o reclaman sen dar tregua.
É o que hai.
Chegadas estas datas, poñémonos coma chocolateiras.
Categoría: Xeral - Publicado o 30-11-2010 18:44
# Ligazón permanente a este artigo
Merda de can
Escríbeme unha danificada:
“Cada vez é máis traballoso sair idemne das paseatas polas beirarrúas de Viveiro...”

Leva razón.
A min cando me pasa, boto man dos Yellow Pixoliñas, e canto:

“Vas andando e empezas a patinar
Fíxate ben, porque debes levar
Merda nunha zoca
Agora xa non podes volver atrás,
Pisache merda, merda de can e levas
Merda nunha zoca
Merda de can”

Categoría: Xeral - Publicado o 29-11-2010 19:36
# Ligazón permanente a este artigo
Sen retrovisor
Viaxará sen retrovisor. Ninguén lle vai adiantar pola dereita. Arroupado por Alberto I “El Habichuela”. Tamén estaba Barreiro, cantando baixiño “¿ Ay, quién maneja mi barca?”. E o virachaquetas de Balseiro asomando por atrás. A senadora rendida aos encantos do César…Unhas horas nun Motel, dan para moito.
-E os de Leal?
-Prendendo un misto.
Categoría: Xeral - Publicado o 28-11-2010 10:31
# Ligazón permanente a este artigo
O xigante
Segundo nos queren facer crer “todo Viveiro” quere O Xigante. A señora que xanta en Madrid e sena en Viveiro tamén quer O Xigante. O alcalde quería O Xigante mais cabreouse coa senadora que decía que non tiña nada contra O Xigante. Os comerciantes queren vender co Xigante.
E O Xigante?
O xigante a velas vir recluido nun recuncho.
Está visto. Vaise montar o belén.
Categoría: Xeral - Publicado o 25-11-2010 18:57
# Ligazón permanente a este artigo
Piscina caseira
Semana si e semana tamén, a situación da Piscina Municipal sae á luz. Hai
9 meses ( poden comprobalo no meu comentario “Piscina”, de xaneiro pasado ) o concelleiro de Interior, Finanzas e Romarías mantiña que “en el concello no constan quejas sobre la piscina…” e confirmou que xa se estaban a redactar as bases que rexirían o novo concurso.
Pois ben, seguen coas andrómenas. Que se erros burrocráticos, que se agora hai que facer máis investimento… Mentras, a xentiña xa se puxo a remollo na de Xove e outros coma o descrido concelleiro do Bloque ( dín que era o único edil que a utilizaba ) instalou unha pía nos baixos da casa.
E aí polo mes de marzo volverán darlle ao veo.
Categoría: Xeral - Publicado o 24-11-2010 20:19
# Ligazón permanente a este artigo
Lealbus
Nos papeis de hoxe veñen novas sobre a posibel carreira de Leal, un dos leaders locais do Partido Popular Obrero Español ( PPOE ).
O autobús semella que está xa preparado co atractivo logotipo de Pata.
A dúbida que me asalta é se ten o combustibel preciso para chegar e encher.
O que si estou segura é de que, se o autobús arranca, han meter a Pata.
Categoría: Xeral - Publicado o 21-11-2010 14:21
# Ligazón permanente a este artigo
Viveiro: Concurso de Ideas ( I )
Convocatoria

O Seminario de Altos Estudos Locais
( en adiante ,SAEL ) convoca o seguinte
Concurso de Ideas:

Tendo en conta que tanto as bancadas coma o gran toldo de Excelencia, instalados antes das festas Patronais e de Verán ,aínda non foron retirados da Praza Maior o SAEL premiará aquelas ideas que servan para lle dar uso a estas singulares instalacións durante todo o ano.
O SAEL garante o anonimato daquelas persoas que, polo arriscado das propostas, non desexen figurar como nais ou pais das súas suxestións.
Deus nos dea paciencia e un carro para levala!
Categoría: Xeral - Publicado o 21-11-2010 11:54
# Ligazón permanente a este artigo
Cálculos
Entusiasmado está o Tenente-concelleiro e ilustre matemático coa idea de recortar gastos na S.S.“Eu desfilarei en pantalón curto, para contribuir á causa—seica declarou—mais o que me entusiasma é o invento dos capirotes troncocónicos”.
Segundo os cálculos do edil, resulta que:
2 π R + 2 π r 2 • g
AL = (πR + πr)g = πg(R + r) → AL = πg(R + r)
AT = πg(R + r) + πR2 + πr2
O aforro é indiscutíbel.
Proximamente publicaráse o estudo no semanario lo Cal.

Categoría: Xeral - Publicado o 20-11-2010 12:45
# Ligazón permanente a este artigo
Recorte nos capirotes
Outra desghracia.
As confrarías da S.S. consideran “ unha burla e un menosprezo” que a Área de Cultura da Deputación de Lugo non axude a subvencionar actividade relixiosa algunha.
Sonche ben inxénuos estes confrades. Petan na porta do deputado impío e aínda se susprenden da súa resposta.
Dín que gastan uns 150.000 euros por temporada e que se non fora pola católica aportación do concello, a S.S. sería inviabel.
Levan razón.
Así as cousas terán que facer recortes ou pedirlle diñeiro
á Santa Sede. ( BIEITO 16-VIVEIRO 0 )
Polo momento disque pensan recortar os capirotes e sair en minisaias.
Ai teñen, miñas amigas, ao experto xastre, porfiando, por fas e por nefas: “Con capirotes troncocónicos aforraríamos moito”.
Categoría: Xeral - Publicado o 20-11-2010 11:21
# Ligazón permanente a este artigo
Interviú
Aínda hoxe non tiven a posibilidade de ler a completa interview que disque lle fixeron no despacho oval ao alcalde dunha veciña localidade. A autora da mesma, unha prestixiosa freelance italo-arxentina, viaxou desde a Patagonia, convocada vía SMS, para darmos a coñecer as habilidades do primeiro edil.
Das destrezas do anterior alcalde xa unha tiña coñecemento. Fixo méritos dabondo e mesmo, nun xesto de xenerosidade, permitiu que unha rúa da localidade levara o seu nome.
E non dispondo de novas sobre o Novo, descoñecendo as capacidades deste seu discípulo e sucesor, confésolles que estou desacougada.
Porque polo que contan , menos mal que só ten media dedicación ao choio.

Categoría: Xeral - Publicado o 12-11-2010 21:13
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal