Viveireando


Sitio onde se conserva algunha cousa e donde se propaga.

Contacta
viveireando@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Zapatillas para comerciantes
O meu amigo Ahmed, vendedor ambulante, anda moi ledo. Vén de rematar unha intensa e exitosa campaña de vendas no casco vello da Vila. Como xa saben a rúa de Abaixo está patas para riba polas obras do Plan E ( “E” de empantanamento ) e o marroquino, listo como un allo, fíxose cunha partida deste invento chinés que lle veu como anel ao dedo. Os comerciantes con tenda aberta “en la principal arteria comercial de la ciudad”—que diría o pedante—quitáronlle das mans as zapatillas-recolledor.
Agora, disque, levan mellor o das obras do cambio.
Do cambio da vella e fermosa pedra da rúa polo gris e tristeiro pavimento que nos deixa este Plan E . ( “E” de…)
Categoría: Xeral - Publicado o 29-11-2009 17:00
# Ligazón permanente a este artigo
Museo Nabal en Viveiro

Xa temos Museo Nabal en Viveiro. A Comisión de Fastos Nefastos deu luz verde ( de estribor ) á Escola Obradoiro que vai producir os primeiros materiais a expoñer nas distintas salas do Pazo da Misericordia.
Os mestres desta Escola Obradoiro, chegados de oriente grazas á colaboración da empresa local Fishing Corporation, fixeron onte unha demo diante das portas do futuro Museo.
Moita xentiña se xuntou. Róncalle o nabo!

Categoría: Xeral - Publicado o 22-11-2009 19:32
# Ligazón permanente a este artigo
Belén ( I )

"Se non o hai xigante, haino en miniatura", seica así dixo unha seguidora de Francisco de Asís, inventor do Belén, ao se enteirar do desastre.
E meu dito, meu feito. Nunha caixa de mistos vai toda a montaxe.
Viveiro, outravolta, acaparando coma sempre as primeiras páxinas.
Categoría: Xeral - Publicado o 19-11-2009 19:46
# Ligazón permanente a este artigo
Quen dixo que non hai ghuardias?
Divírtense os membros do PPOE. Uns dín que non hai ghuardias no mar ( PP ). Os outros ( OE ) arghumentan que xa lles fixeron a caseta no porto.
E a operación caldeirada deu comenzo.
Categoría: Xeral - Publicado o 16-11-2009 20:30
# Ligazón permanente a este artigo
I Concurso Interparroquial de Pesca nas Fochancas
BASES:
Desenvolveráse, se o tempo non o impide,o vindeiro domingo en toda a rede de estradas do concello de Viveiro.
Premios e patrocinadores:
Cana de carbono. ( Excelentísimo )
Cana de fibra de vidro. ( Deputación )
Cana de bambú. ( Xunta )
Que deus reparta sorte!
Categoría: Xeral - Publicado o 12-11-2009 18:07
# Ligazón permanente a este artigo
Carmiña Burana en Viveiro

A Concelleira que chaman de Cutura vén de cargarse a actividade teatral que tradicionalmente se desenvolvía no Pastor Diaz desde o outono. ( Un dato: Viveiro desaparece da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios, subvencionada pola Xunta . Que vergoña! ).
Mentras ela se dedica a pasear disfrazada de renacentista, na Fábrica de Chocolate, Da Capo, faille a programación desviando a Viveiro catro graciosos de Madrid que disque monologan.
( Xa se sabe: aquí, non temos ).
Calquer día sorpréndenos anunciando a actuación de…Carmiña Burana
Categoría: Xeral - Publicado o 08-11-2009 14:44
# Ligazón permanente a este artigo
Axente de CSI en Magazos
Unha amiga, veciña da Ruanova, evíame esta fotografía que reproduzo. Está moi preocupada pois non é quen de identificar a este indivíduo que pasea arriba e abaixo--mañá, tarde e noite--pola parroquia de Magazos. "El non será--dime--un inspector de cheirumes?".
Fago as averiguacións oportunas e fica identificado. Trátase dun tal Cyrano de Guistilán, axente de CSI ( Cheirumes Sen Identificar ), contratado pola alcaldía para determinar--por narices--a orixe do fedor que invade a parroquia.
Así que, acouga nena, que o que anda por aí é o que lle pon o rabo ás cereixas.
Categoría: Xeral - Publicado o 07-11-2009 14:22
# Ligazón permanente a este artigo
Noites alternativas ( II )

E os que están que non paran son os do Casino con tanta actividade cultural.Campionato de chinchón entre mulleres, guateques-febre de sábado noite...
De vellos, gaiteiros.
Categoría: Xeral - Publicado o 07-11-2009 14:02
# Ligazón permanente a este artigo
Noites alternativas ( I )
Disque dan comenzo as noites alternativas.E aí teñen a unha das miñas crianzas preparada para pasar a noite fóra da casa.
Eu téñoa ben avisada: a que de noite come cebola, pola mañá ten cara de mona.
Categoría: Xeral - Publicado o 06-11-2009 21:12
# Ligazón permanente a este artigo
Conxugación
Eu pinto
Ti pintas
El pinta
Nós pintamos
Vós pintades
Eles non retiran a madeira
Categoría: Xeral - Publicado o 03-11-2009 19:25
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal