Viveireando


Sitio onde se conserva algunha cousa e donde se propaga.

Contacta
viveireando@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Aleluia! En Viveiro xa hai sondeos
A Comisión cuatripartita presidida por Roel xa dou os primeiros pasos. Celebradas a media mañá e na barra dun bar próximo as interesantes Xornadas sobre As fochancas de Correos: autoxestión ou concesión? e despois de 7 viaxes a Madrid, tres a Santiago e 14 a Lugo deron comenzo os “traballos” de sondaxe das fochancas para ver o xeito de eliminar a auga.
Aí tendes á xentiña do concello. Cada quen cumpre o seu papel. Ou así nolo quer dar a entender este Organigrama Municipal que recibimos desde o Concello.
Onde hai patrón non manda mariñeiro!
Categoría: Xeral - Publicado o 29-11-2008 14:05
# Ligazón permanente a este artigo
En Viveiro as fochancas fanse así



Os do rural son así de finos. Cando queren incomodar ao goberno inventan problemas. Pasen e vexan. Un membro da Asociación Veciñal de Valcarría sorprendido a plena luz do día fabricando “baches” no medio e medio do vial Infanta-Valcarría. ( Case diante do Hotel Val do Naseiro ). Picarán os de Vías de Obras da Deputación?
O que non pica é o alcalde de Viveiro. Disque quer constituir unha Comisión Cuatripartita para estudar as fochancas que hai ao pé de Correos. Si señor, as cousas hai que facelas ben e aos do Bloque nen caso. Nos vindeiros días convocará a primeira xornada de estudo: Biodiversidad: Flora y fauna de las fochancas de Correos (I). E en datas vindeiras: Cesiones y concesiones. Un caso practico: de quién son las fochancas?(II). Mentras tanto, que se amolen os que aparcan!
Categoría: Xeral - Publicado o 26-11-2008 19:43
# Ligazón permanente a este artigo
Vista ( parcial) do Lodeiro
E do Lodeiro, que?
Segue no caixón?
Categoría: Xeral - Publicado o 24-11-2008 21:55
# Ligazón permanente a este artigo
Viveiro: unha Banda e dous cargantes
Concerto da conmemoración do 50 aniversario da Banda de Música de Viveiro no Teatro Pastor Diaz.
Os asistentes a este acto viron mermada a actuación da Banda de Música porque dous cargantes—un crónico ranzo e un anedotista que pertenceu só 6 anos a esta formación—déronlle ao beo durante máis dunha hora.
Até a propia Banda tivo que suprimir do Programa Xigantes e Cabezudos de M. F. Caballero. Os cargantes son así: que se amolen os máis!
Parabéns á Banda de Música de Viveiro. Este colectivo que se mantén porque os seus compoñentes, músicos anónimos que fan todo— pór as cadeiras para un concerto na Praza Maior despois de roubarlle horas e máis horas ao seu tempo de lecer ensaiando nun destartalado local—para que Viveiro poida presumir de Banda de Música.
Categoría: Xeral - Publicado o 24-11-2008 21:23
# Ligazón permanente a este artigo
O caixón de María
Vimos de nos enteirar por El Progreso-A Mariña (08/11/08) que un importante documento—nada menos que a execución de sentencia do affaire Lodeiro—está durmindo discretamente desde hai días en “el cajón de María”. ( Roel dixo)
Descoñeciamos este labor custodio da primeira oficinista de don Melchor que chegou aos despachos da Praza Maior formando parte das listas do PPOE ( sector OE ).
Agora que xa sei a que ocupacións se dedica dona María devezo por coñecer as interioridades do famoso caixón das sorpresas.
Estará nel o desaparecido “orzamento participativo” que tanto chufou Roel hai anos?.
Gardaráse aquí o único exemplar do manual "Como falar educadamente por teléfono" extraviado—disque—polo super-concelleiro de Deportes?
Andará por esta caixa o macro-proxecto da Planta de biomasa que tantos postiños de traballo criou en Viveiro?.
E o proxecto da dobre circulación da Variante, durmirá aquí tamén o sono eterno?.
Arquivaranse neste caixón as facturas mensuais da Barbería Lucense ( rúa San Marcos) onde—dín—afeitan a Leal?
Cantas máis cousas hai no caixón de María?
Chi lo sa?

Categoría: Xeral - Publicado o 09-11-2008 20:15
# Ligazón permanente a este artigo
VIVEIRO: liña contínua
Falan e falan. Falan os falabaratos: o AVE chegará no 12. Insiste agora unha parte do PPOE ( Partido Popular Obrero Español ).A outra parte ( a de Nuñez Feijoo ) desmínteo. Seica don Nuñez entende moito más de aves que don Touriño. Un foi conselleiro do territorio algúns anos e o outro director xeral de estradas no goberno de don González. Que cousas!
E mentras alpuxarrean os falabaratos Viveiro segue aillado.
Que llo pregunten aos que andan polo mundo e non están aparvados polos xornais subvencionados.
Canto se tarda en chegar desde a Vila a Ribadeo?
Como e onde adiantas a un camión no tramo Viveiro-Xove?
Se cruzas a Gañidoira—esa estrada equina de último deseño que cambia de cor coas xeadas—cantos quilómetros de liña contínua tes que soportar?
Mais, todos tranquilos. Que non se mova ninguén. Xa están aquí—outravolta—os falabaratos. E no 12, teremos AVE. Din. E daquela AVE para aquí e AVE para acolá. Collereí o AVE en Viveiro e deixaráme en Burela nun plisplás. Mentras tanto, resignación e a utilizar o transporte público, que—xa se sabe—funciona muito ben—e ten uns horarios que nos facilitan a vida. E se non usas buses nen Feves xa sabes: a chupar liña contínua. Se non queres caldo… dúas tazas!
Categoría: Xeral - Publicado o 03-11-2008 22:24
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal