Viveireando


Sitio onde se conserva algunha cousa e donde se propaga.

Contacta
viveireando@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Fale con ela
Din os papeis que César non falou con ela. Ela—di el—non lle mandou nengunha nota. Ela—insiste el—xa sabe que este asunto traspasa as fronteiras locais. El non pode contestar. Ela non fala.

Fale con ela , o filme de Almodovar, vai de narradores. Lembran? Narradores de si mesmos, homes que lles falan a quen os poda oír e sobre todo a quen non pode oílos.

E César, a esta altura da película, aínda sen falar con ela.



Categoría: Xeral - Publicado o 31-10-2011 18:39
# Ligazón permanente a este artigo
A elocuencia dos cemiterios
No pasado mes de agosto andiven polas terras do Incio e estiven no cemiterio de Santa Cristina onde está enterrado o poeta Lois Pereiro. Casualmente hoxe din cun video que me lembrou aquela visita. Títulase A elocuencia dos cemiterios.

E nestes primeiros días do novembro que entra, cando percorra os cemiterios de Viveiro,eles han mostrarme tamén a elocuencia que é--nen máis nen menos--aquilo que impresiona ou comove.




Categoría: Xeral - Publicado o 30-10-2011 20:35
# Ligazón permanente a este artigo
Aja apadriña a De Olano


Fraga puxo a Aja.
Aja puxo a Leal.
Leal non o foi e Aja puxo a Gueimunde.
Gueimunde xa senou e Aja puxo a De Olano.
De Olano…xa se verá.

Quen dixo que César entregara a espada?
Categoría: Xeral - Publicado o 27-10-2011 20:58
# Ligazón permanente a este artigo
Crónica DePORT ( +iva )
Antes todo era máis sinxelo. Chegaba con despachar o rol, facer gasol, a marea, as partillas ( un quiñón, quiñón e medio…). Agora todo é máis complicado. E se non que llo pregunten aos usuarios do naútico do Casino que andan enleados—Concello por medio—cos de PORTOS por mor da caducidade dunha concesión de finais do século pasado. ( Do 98, en tempos do V Cesarato ).
Tempos--aqueles-- no que todo era chegar e encher.

-Quería dous títulos de patrón de iate…
Categoría: Xeral - Publicado o 21-10-2011 20:42
# Ligazón permanente a este artigo
Pontífices
Unha pasa ás veces por debaixo da ponte de Xunqueira—desde hai tempo en obras—e, cando o fai, sempre hai algún xubilado comentado a xogada. É un pasatempo coma outro calquer e xa se sabe que co calor presta máis andar por fóra que botar a partida nun local pechado.
A obra da nova ponte foi anunciada hai moitos meses. Fotografáronse—de fronte, de costas e de perfil—os de FEVE, os da Deputación e os do Concello. Mais agora que a obra xa é algo máis que anuncio, proxecto ou infografía, medran os peritos na materia ( os pontífices, para nos entender mellor ).

Ao pontífice-xubilado hai que lle engadir agora o pontífice-político, que anda a marear a perdiz co proxecto. E a estes dous espécimes hai que lle sumar finalmente o pontífice-estético, que atribúe as eivas da obra e a súa fealdade á conspiración dos de FEVE. ( Os moi cabróns –xa se sabe—non paraban o tren n´A Trabe de Galdo nen para xantar )
Asi que xa a temos liada. Mentras a viciñanza de Xunqueira soporta as molestias das obras, unha servidora, suma pontífices.


Categoría: Xeral - Publicado o 07-10-2011 19:07
# Ligazón permanente a este artigo
E foi a pique...
Nas páxinas necrolóxicas dos xornais vén hoxe a nova da morte d ´A Pomba, a fermosa embarcación atacada única e exclusivamente pola desidia municipal e gobernativa.
Que non boten balóns fóra, eu non pico.
Os de PORTOS non poden cargar con este morto.
Lembren un meu comentario--en xaneiro pasado--onde dicía: " A nefasta xestión foi a pique".
E foi a pique, ou non?
Categoría: Xeral - Publicado o 04-10-2011 19:40
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal