Viveireando


Sitio onde se conserva algunha cousa e donde se propaga.

Contacta
viveireando@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

...e político-militar
Tamén Setembro, segundo recollín das hemerotecas, foi un mes de intensa actividade naval. Visitas de nenos e vellos ao patrulleiro da armada atracado no porto, canóns apontando aos de Celeiro desde os xardíns da Travesía, emotivo recitado do cabo furriel Bicente Nario ( “ Con diez cañones por banda…” ), crónicas rancias, saúdos militares…Unha gozada!
Agora a señora concelleira ( “la cultura me persigue…pero yo soy más rápida" ) completará o programa perpetrando unha "Semana de la Hispanidad" e a rapazada competirá nas noites alternativas encerellada co orixinal xogo do submarino.
( militar, por suposto ).
--A 4
-Fundido!
Categoría: Xeral - Publicado o 07-10-2010 19:07
# Ligazón permanente a este artigo
Intensa actividade político-relixiosa...
Xa lles dixen que andiven de vacacións o mes pasado. Mais unha que é curiosa e non quer perder nengunha minudencia, antes de tornar a viveirar con normalidade, revisou a prensa escrita. Alí atopeime co pasado, e nunca mellor dito o do pasado.
Explícome. Seica o rexedor de Viveiro participou na "tradicional" ofensa á Virxe dos Remedios.
( Xa saben, tan "tradicional" como que data de 1938 e foi instituida para "rogar polo triunfo das tropas franquistas" celebrando unha misa "como pública testemuña de agradecemento por non ter sufrido esta zona a dominación marxista" ).
E aqui fica, para as incrédulas que sempre hai, o documento gráfico da prensa.
E unha con estes pelos!
Categoría: Xeral - Publicado o 06-10-2010 18:09
# Ligazón permanente a este artigo
Non todo é traballo...
Non todo é traballo. Levaba xa moitos días sen dar sinais de vida. As vacacións de setembro xa remataron e unha ten que volver ao rego.
Categoría: Xeral - Publicado o 04-10-2010 19:29
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal