Viveireando


Sitio onde se conserva algunha cousa e donde se propaga.

Contacta
viveireando@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Naufraxio (I )
Os coñecidos investigadores María Magdalena e o señor Palomo, da acreditada compañía
Fragata & Bergantín” deron a coñecer un laborioso traballo levado adiante cunha grande reserva e profesionalidade.
Despois de varios meses consultando documentación nas dependencias da Casa Consistorial, afirmaron: “O naufraxio do Concello de Viveiro é un feito irremediábel”.
A nova correu como a pólvora polas rúas do casco histórico da vila. As forzas vivas reaxiron con prontitude e despois de consultar ao S.E.
( Seminario de Eruditos ) decidiron criar unha Comisión de Fastos Nefastos.
E niso están.

Categoría: Xeral - Publicado o 30-10-2009 19:55
# Ligazón permanente a este artigo
Touros en Viveiro
Unha parella de retirados de As Pontes, residentes hoxe no populoso barrio de Cantarrá, anda a investigar arredor do pasado taurino de Viveiro. Parece que xa deron cos cimentos do que no seu día foi praza de touros. Coméntase que non tardarán en organizar unha corrida benéfica nunha praza portátil instalada no mítico lugar. A concelleira de Carpas y Casetas, unha entusiasta da festa, xa prometeu, dín, o seu apoio. É de supoñer que asistirá vestida de traxe de faralá.
Unha, remexendo en vellos papeis atopou esta foto da que non pode precisar a data na que foi feita. O que sí figura é o nome dun dos toureiros ( o segundo, pola esquerda ),que daquela actuou en Cantarrá. Trátase de Manolín de Magasos, "El Monarca del Ruedo".
E darán organizado a festa?
Pode que sí. E coma sempre, ha pagar o da chaqueta de lá.

Categoría: Xeral - Publicado o 29-10-2009 21:10
# Ligazón permanente a este artigo
Árbores
As usuarias que circulamos pola estrada C-642 --emperrámonos en non utilizar o Corredor da Costa e así nos vai-- sufrimos onte o atranco causado pola caída dun eucalipto.
O de onte non duron moito, mais lembroume a ventoleira xornada do Klaus. ( Daquela algún pasouse de listo e, pretendendo atallar por estradas terciarias, ficou atrancado toda a noite no eucaliptal ).
Estes eucaliptos sonche moi traizoeiros. Unha non gosta nada deles.
Confeso que as miñas preferencias están todas postas nesa marabilla que temos no Parque.
Que non ma pinchen!
Categoría: Xeral - Publicado o 24-10-2009 15:29
# Ligazón permanente a este artigo
Parque de Bombeiros

Mendez Romeu e o presidente Besteiro anunciaron en abril de 2008 que o parque de bombeiros de Lavandeiras, en Viveiro, estaría en funcionamento no prazo dun ano.
Alá vai o ano e nada de nada.
Estes días, Roel e Rego, volven a marear a perdiz.
Vese unha na obriga de abrir subscrición popular, desde Viveireando, para mercarlles nunha xoguetaría a estes falabaratos un parque de bombeiros de..playmobil
Envíen xa o seu donativo!
Categoría: Xeral - Publicado o 23-10-2009 18:56
# Ligazón permanente a este artigo
En dúas palabras
Queremos galego
Categoría: Xeral - Publicado o 17-10-2009 18:48
# Ligazón permanente a este artigo
Paciencia, que o están peiteando
Hai máis dun mes que volveu co anuncio da película O saneamento financieiro ataca outravolta. Desta vez o estreno anunciábase para setembro. Rematou xa o prazo sinalado e o filme non está na carteleira e nen sequer nos puxeron o trailer.
As linguas “vespertinas”—as que falan a última hora da tarde—din que a produtora está en quebra. Mais os saraus do verán celebráronse por todo o alto, mesmo con actuacións de luxo de cotizadísimos grupos como Los Pekenikes, o que indica que as que falan así son, ademáis de vespertinas, linguas viperinas.

Setembro vai alá. Foi un mes para descansar de tanto trafego. De misas e procesións diurnas, sesións vermout, o labor nocturno de dillei…en fín, que queres que che diga.
Iso si. Paciencia, que o están peiteando. Ha sair guapo cando volva co conto do plan!

Categoría: Xeral - Publicado o 04-10-2009 11:45
# Ligazón permanente a este artigo
Dúbida
Feitas as prácticas pertinentes na exposición “Por narices” e despois dun paseo polos dominios dos contedores de lixo nas rúas de Viveiro, boto man dun glosario que me ilustra así:

ulir: verbo neutro que se define no diccionario da RAG como "v.t. 1. Aplicar o sentido do olfacto para percibir o olor de [algo]. Ulir unha rosa. // v.i. 2. Despedir olor. Non ole a nada. Ole a tabaco".

cheirar: verbo sinónimo do anterior, pero que pode ter significado neutro ou ben indicar connotacións negativas (ulir mal). Nalgunhas zonas úsase cheirar como se usa feder noutras.

feder: este é o verbo utilizado máis comunmente para dicir que algo cheira ou ule mal. Sinónimos: alcatrear, apestar, gafar, imbrar.

Que palabra empregarei para falar da forte sensación que unha recibe cando pasa ao pé dun destes contedores de lixo?

Categoría: Xeral - Publicado o 02-10-2009 20:20
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal