Viveireando


Sitio onde se conserva algunha cousa e donde se propaga.

Contacta
viveireando@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Panexírico
Confésolles que son unha lectora ben anárquica. Vou do libelo á gabanza sen estación intermedia. E a última prosa laudatoria que caeu nas miñas mans lembroume os ripios de don Xan da Cova, perito agrimensor ourensano inventor do trampitán e do pirandárgallo.
( Algún día—prométollelo—hei escribir, máis polo miúdo, sobre este vate ).
Don Xan da Cova versificaba:

“El mundo está claudicante,
prevaricada la gente,
las virtudes en menguante
y los vicios en creciente”.


E por iso que son de agradecer, neste mundo claudicante, panexíricos como o publicado esta semana. O político louvado é un home leal é virtuoso. Merece unha estatua...

-Ecuestre?

-Cuestre lo que cuestre!
Categoría: Xeral - Publicado o 29-01-2011 15:21
# Ligazón permanente a este artigo
27 de xaneiro de 2011
Categoría: Xeral - Publicado o 26-01-2011 20:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chao, piba!
Hai a quen non lle sentou nada ben un dos meus últimos post.
Envíame un e-mail unha psicóloga arxentina, polo visto boa coñecedora da vida e milagres dalgún primeiro edil do contorno:

“…pero decime, vos no podés seguir rajando insultos sobre los intendentes?” (…)
“ Che pibita! , ya está bien . Tu nada sabes de “la milonga entre magnates/ con sus locas tentaciones”. No todos son chorros y rateros. Tienen cerebelo. Y lo ponen a trabajar” (…).Te adjunto, para que te jodas, el escaner del intendente (…)
“ Chao, piba, no sigás importunando “como juega el gato maula/ con el mísero ratón…”
Categoría: Xeral - Publicado o 23-01-2011 13:41
# Ligazón permanente a este artigo
Ordinarias
Escríbeme unha asidua asistente ás sesións plenarias. Polo seu interese trasncríbolles o que me conta:

“Querida amiga:
Sorprendida pola orixinal proposta do edil que, na etapa final da súa experiencia corporativa, quer elevar o nivel intelectual dos corporativos, e como boa coñecedora da lexislación ( preparei oposicións á secretaria de concello ), aporto a seguinte información:
As sesións plenarias dos Concellos poden ser de dous tipos:
a) Ordinarias: aquelas nas que se permiten usar tacos, apodos e facer acenos obscenos.( “Neno, vaite ao carallo!”, “ Que hable la Cachi! “, “Cala a boca, Mitas!”, “De puta a puta, taconazo!”, etc.)
b) E as Extraordinarias: O Regulamento indica taxativamente que hai que empregar expresións como: “ Se a súa Señoría mo permite…”, “En esta Muy Noble y Leal ciudad…”, “Da usted su premiso”, etc.


Así que xa saben. Isto xa está regulado e só hai unha excepción: non todos os Gatos son Pardos.
Categoría: Xeral - Publicado o 22-01-2011 15:54
# Ligazón permanente a este artigo
Altura intelectual
Parabéns. Un concelleiro do PPOE (facción “non adscritos” ) vén de presentar unha eMoción que pretende elevar a altura intelectual das peroratas edílicas. Imaxinamos que, de ser aprobada, obrigaría a facer intervencións deste tipo:

“A pesar de que non sabemos completamente como funciona o cerebro no seu conxunto, temos un modelo do mecanismo funcional do sistema nervioso e das súas neuronas. Grupos de neuronas forman redes ampliamente interconectadas que, mediante o cambio na fortaleza das sinapsis entre células, son capaces de procesar información, e aprender (…) Unha rede neuronal existe coa finalidade de compartir actividad e información. Eu coido que este modelo cerebral debería inspirarnos ideas e decisións sobre as redes de colaboración humanas…”

Que nivelaso, miña madriña!
Categoría: Xeral - Publicado o 22-01-2011 14:59
# Ligazón permanente a este artigo
Variante
( Do diccionario) :
Que varía ou tende a variar. Variabel”,
Tamén, en sentido figurado, “inconstante, mutabel”.

Para entender “o da Variante” non hai mellor cousa que botar man do glosario.

O proxecto deste vial tamén tende a variar. É variabel. É inconstante. É mutabel.

Que llo pregunten á veciñanza de Magazos. Algún raposo está emperrado en destragar o núcleo desta parroquia.
Categoría: Xeral - Publicado o 19-01-2011 21:47
# Ligazón permanente a este artigo
Ofertas ( I )
Para írmonos afacendo a vista diante da dura etapa de ofertas eleitoriais que se nos vén enriba propóñolles, miñas amigas, facer de cando en vez algún exercizo de agudeza visual.
Aí lles vai o primeiro.
Categoría: Xeral - Publicado o 17-01-2011 17:34
# Ligazón permanente a este artigo
Estorvos
Moita xentiña xuntou o espectáculo ( xubilados na súa maioría ) que ofreceron os de Aquagest tratando de desentupir a fonte de Cova Caída.
O conduto duns 4 metros de longo por 1 de diámetro foi percorrido por un intrépido inspector que axiña localizou os estorvos que impedían manar á fonte e que resultaron ser:
-Un telémetro trucado da época Cesariana ( Non respondía aos mandamentos do Sistema Métrico Decimal ).
-Un lote de camisolas de proppagaganda
( moi deterioradas ) co lema “Queremos un alcalde Leal”.
-Un proxecto de Orzamento Xeral Ordinário e Participativo en moi mal estado e un manuseado exemplar do libro “ O vendedor de fume” ( 2ª edición ).
-O cadavre dun gato que tomou algún día baños de sol na desaparecida praia de Lavandeiras e os restos fosilizados dun dos últimos golpes ( vulpes, vulpes ) desta paraxe natural agora ocupada pola separadora de residuos.

Vaiche boa a navalla!

Categoría: Xeral - Publicado o 13-01-2011 19:09
# Ligazón permanente a este artigo
A Pomba
A Pomba é o símbolo da paz.
Agás en Viveiro.
Aquí é o símbolo da desidia municipal.
Despois de malgastar os cartos públicos na súa compra, tivérona esquencida no peirao e hoxe é un navío con auga aberta.
Esta fermosa embarcación, que naceu na carpintería de ribeira da familia Fra, en San Cibrao, está agora condenada a unha morte segura nun recheo en terrenos roubados ao mar.
A nefasta xestión foi a pique.
Categoría: Xeral - Publicado o 08-01-2011 13:02
# Ligazón permanente a este artigo
Magos Apalpador ( e III )
E que me dín do Apalpador?
Esa personaxe que felizmente se está a recuperar.
Na miña pescuda atopei na rede ( “ Un país en lata” ) un apalpador para maiores.
Definitivamente. Fágome siareira do Apalpador.

Categoría: Xeral - Publicado o 05-01-2011 12:28
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal