Viveireando


Sitio onde se conserva algunha cousa e donde se propaga.

Contacta
viveireando@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Piscina

Polo visto á piscina municipal aparécenlle—agora que remata a concesión—desperfectos.
O concelleiro de Piscinas e Romarías, ignorante el da situación, anima para que se denuncien as deficiencias.
Péchase así o ciclo: feita con cartos públicos, entrega á empresa privada, deterioración das instalacións, ( o Concello que tiña que vixilar a concesión pecha os ollos), amaño con cartos de todas e volta ás mans da xestión privada.
Asi que calquer día, miñas amigas, petan na nosa porta e xa se sabe:
Paga chaqueta de la!
Categoría: Xeral - Publicado o 30-01-2010 13:07
# Ligazón permanente a este artigo
Bendición
O bispo de Mondoñedo-Ferrol foi recibido solemnemente no Concello. Traxes escuros e gravata, os edís. Elas coa sobria elegancia que as caracteriza. Nen galego nen latín nas intervencións. O latín é lingua morta para os corporativos do PPOE e do idioma galego renegan a cotío nas súas intervencións públicas para castrapear no Consistorio.
Os progres que presumen de laicos axeónllanse, día si e día tamén, perante a mitra.
A cousa estáche ben enleada.
E cando o bispo confunde o micro civil co hisopo da auga bendita, eles, pobres ignorantes, nen se decatan.

Categoría: Xeral - Publicado o 24-01-2010 13:13
# Ligazón permanente a este artigo
Pose
O importante, polo que parece, é posar.
Posan conselleiro da Xunta e presidente da Deputación ( abril, 2008 )
Posa tamén o alcalde en Lavandeiras onde hai anos tería que estar o Parque…
Todos dispostos sempre para a pose.
Mesmo estes bombeiros posan tamén, impasíbeis, para a foto.
Cada quen atiza o lume para as súas sardiñas.
Categoría: Xeral - Publicado o 23-01-2010 13:08
# Ligazón permanente a este artigo
Pregunta
Estás preparada para a transición de televisión analóxica á TDT?
Categoría: Xeral - Publicado o 23-01-2010 12:35
# Ligazón permanente a este artigo
Non sabe. Non contesta
Insiste o BNG en criticar a eliminación de espectáculos acollidos á Rede de Teatros e subvencionados, en parte, pola Xunta. Tamén pregunta pola supresión do xa tradicional festival de maxia no día de Inocentes.
E o PPOE (sector cesarista ) vén de de denunciar a cativa programación de inverno e o "ambiente xélido" ( seica non hai calefacción ) do Pregón de Nadal, no Teatro Pastor Diaz.

E a señora concelleira?
Non sabe. Non contesta.

Que aprenda con Ennio Marchetto!: Só, un teatro, unhas cantas cartolinas e aplausos, moitos aplausos, para quentar o ambiente.


Categoría: Xeral - Publicado o 10-01-2010 12:44
# Ligazón permanente a este artigo
Camelos

Unha vez que retiran o decorado as cousas vense muito pequenas.
Rematada a Grande Cabalgada dos Reis, toca recoller. E aí teñen a un colaborador da recén criada asociación Carlos Uve, organizadora do evento, transportando os camelos de Gaspar e Baltasar camiño do armacén.
E o de Melchor?
Do camelo de Melchor falaremos outro día.
Categoría: Xeral - Publicado o 08-01-2010 20:00
# Ligazón permanente a este artigo
Mareando a perdiz
Comenza o ano con novas trolas.
O PPOE desbota o proxecto do AVE Cantábrico e no seu lugar anuncia un estudo para duplicar a vía de FEVE. O tren da costa circularía—dín—a 160 km. por hora.
Teño para mín que este vai ser un bo argumento a empregar polos expertos en marear a perdiz durante todo o 2010.
Co doado que sería establecer XA un servizo de cercanías entre Viveiro e Ribadeo!

Categoría: Xeral - Publicado o 08-01-2010 18:31
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal