Viveireando


Sitio onde se conserva algunha cousa e donde se propaga.

Contacta
viveireando@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Chámalle parvo!

Despois da tempestade—din—vén a calma. E as reclamacións. A xente nunca tivo simpatía polas eléctricas. Mais a mín cónstanme que os obreiros das subcontratas de toda esas compañías extranxeiras empréganse a fondo. Velaí teñen o exemplo: un laborioso eléctrico que non abandona o posto nen para mexar.
Chámalle parvo!
Categoría: Xeral - Publicado o 29-01-2009 20:02
# Ligazón permanente a este artigo
Cociña de leña
Quixeron volver a aquela cociña de leña. A aquela cociña en branco e negro. Quixeron volver a xogar as partidas de tute subastado na mesa da cociña. Quixeron sentir aquela quentura. Mais, xa non puideron. Da cociña de leña desfixéronse nunha das últimas reformas. Tampouco teñen cociña de gas. Leváronna ao campo de Naseiro e alí a deixaron abandonada.
Fóra zoa o vento e retorce as antenas de TV e os postes da luz. A friaxe métese nos ósos.
Quixeron volver a aquela cociña de leña…
Pedirían unha pizza se funcionase o teléfono.
Categoría: Xeral - Publicado o 25-01-2009 21:05
# Ligazón permanente a este artigo
Sen luz

Volvimos ás velas. Tantas horas sen luz serviron para nos demostrar que ser posuidores de tanto trebello electrónico de pouco vale diante dun vendaval como o que sufrimos estes días.
As baterías dos nosos móbiles esgotáronse e tivemos que buscar aquela axenda manuscrita. O almacenado nos frigoríficos case se derrama. Non atopamos a antiga lanterna. A roupa suxa amontoase ao pé da lavadora e o lavalouzas é hoxe un trasto inutil…
O tempo pasa lentamente e nós, tan modernas e tan dependentes—tan trebellodependentes—á luz das velas.
Categoría: Xeral - Publicado o 25-01-2009 20:28
# Ligazón permanente a este artigo
Nova oficina bancaria
Anda o ruxe-ruxe pola rúa. As entidades bancarias están en crise. As Caixas e Bancos recortan custes. En Viveiro, unha Caixa ten local preparado en Covas, mais non dá aberto ao público.
Os Botín e Cía. só miran ben onde poñen os ovos e mentras as empregadas da banca—é o meu caso—traballando arreo e a maiores vendendo potas, tixolas, ordenadores e ciclomotores.
Mais a cousa aínda pode ir a pior. Vexan o novo modelo de oficina contra a crise que os nosos amos van implantar nos vindeiros días.
Deus nos dea paciencia e un carro para levala!

Categoría: Xeral - Publicado o 23-01-2009 15:50
# Ligazón permanente a este artigo
Olé, tu grasia!

"Un espestáculo infantil en clave flamenca abre la ajenda kultural bibeirense"
Categoría: Xeral - Publicado o 22-01-2009 19:10
# Ligazón permanente a este artigo
Cousas que leva o Landro ( II )
A algún dos Concentrados en Naseiro chegoulle ao vivo tanta sobredose de radio-cassette e farto de escoitar millenta veces A Cabritiha guindou o aparato ao río.
E aí temos, outravolta, ao sofrido pescador convertido en recolledor de lixo.
Categoría: Xeral - Publicado o 19-01-2009 22:00
# Ligazón permanente a este artigo
Cousas que leva o Landro ( I )
Navegando pola rede localizo unhas fotos. Son cousas que leva o río Landro. Maiormente despois da concentración de Naseiro. Desta vez o paciente pescador atopou mesa para catro.
Se picaron ou non os peixes nada soubemos. Iso si, o home xa ten mesa.
Categoría: Xeral - Publicado o 19-01-2009 21:02
# Ligazón permanente a este artigo
E tí de quen vés sendo?

Iso é o que algún visitante se pregunta. Outro—dínme—xa botou contas e coida que despexou o camiño.
Non o deixan a un viveirear en paz!
Categoría: Xeral - Publicado o 14-01-2009 20:20
# Ligazón permanente a este artigo
Fuxindo d ´O Bígamo

Así de relaxadas están elas. Parte da congregación ( non vou dicir a cal pertencen ) decansa na cafetaría da Estación de Autobuses. Fuxen da presentación-conferencia do cargante doctor Mosqueira ( alias O bígamo ) que se perpetra nun Ateneo próximo.
“Por onde veu que vaia!”, dixeron. Listas que son elas.
Categoría: Xeral - Publicado o 10-01-2009 16:43
# Ligazón permanente a este artigo
A Local xa ten vehículo novo
Comenza o novo ano e xa temos de que presumir. Pasados moitos meses do debate da proposta do concelleiro nacionalista para equipar á Policía Local con motocicletas ( o inxénuo de Goás Basanta mantén que así se melloraría o tráfico rodado ), xa temos vehículo novo. Houbo que agardar á subvención, mais aí está. Aparcado fronte ao edificio de Correos. Rápido, ecolóxico e manexábel. Nada de motos, que os axentes teñen que andar ao quente! Un vehículo para tempos de crise.
Que se amolen os do Bloque!
Categoría: Xeral - Publicado o 10-01-2009 15:13
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal