Viveireando


Sitio onde se conserva algunha cousa e donde se propaga.

Contacta
viveireando@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Breviario de campaña electoral ( II )
" As promesas quedan no aire, non teñen un prazo determinado de tempo e afectan a un número limitado de xente; polo contrario, as negativas conséguenche, indubidable e inmediatamente, moitas inimizades: e é que son máis as persoas que piden gozar dos servizos dun das que, de feito, acaban gozando deles. Así pois, é preferible que, de cando en vez, uns poucos se enfaden contigo no foro, a que o fagan todos á vez e na túa casa, tendo en conta sobre todo de que se enfadan moito máis cos que lle deron unha negativa que con aquel que, ao parecer, se ve impedido a axudalos por algún motivo importante, pero que, se dalgun modo puidese, cumpriría gustosamente coa súa promesa"
Categoría: Xeral - Publicado o 07-05-2011 23:22
# Ligazón permanente a este artigo
Breviario de campaña electoral (I )
“No ano 64 aC Marco Tulio Cicerón preséntase como candidato ao Consulado, a máis alta maxistratura da República Romana. O seu irmán pequeño, Quinto, decide axudalo e escríbelle o Commentariolum petitionis—así denominado en latín este Breviario de campaña electoral--, unha longa misiva na que lle aconsella cómo bater os seus adversarios e así converterse en Cónsul”

( Das Preliminares do libro editado por Positivas e traducido ao galego polo Colectivo Onofre Sabaté )

Por se é de proveito para os candidatos á alcaldía e tamén para aviso de navegantes, recollerei aquí algúns consellos de Quinto ao seu irmán Marco.
Categoría: Xeral - Publicado o 07-05-2011 22:43
# Ligazón permanente a este artigo
Investigación
E xa cos instrumentos renovados para navegar con xeito pola rede póñome ao día. Resulta que tamén houbo unha sabotaxe no Consulado. O Sr. I ( I de Incógnito ), xa saben o Xestor do C. , queixase de que todo llo sabotean. Os inquéritos electorais, os comentarios…
E anda a investigar.
Miña xoia!
Tanto Facebook, tanto 2.0, tanta parroquia virtual, para nada.
“Con esta xentiña, nen ás minchas”, dis que dixo Sherlock Holmes, cando Watson lle foi co conto.

Categoría: Xeral - Publicado o 01-05-2011 20:49
# Ligazón permanente a este artigo
Sabotaxe
Cantos días sen poder viveirear!
O motivo desta ausencia , miñas amigas, foi unha sabotaxe en toda regra. A inutilización dos meus instrumentos de traballo. Alá van o meu vello ordenador, a impresora e até o meu telefone móbil. É o que chaman as entendidas, obsolescencia programada.
Tiven que porme ao día e agora xa teño software, hardware e tamén teléfono táctil.
Non se che riron nada de mín as empregadas da tenda de telefonía cando lles levei o meu vello aparato con cámara incorporada.
E eu que pensaba que estaba á última.
Categoría: Xeral - Publicado o 01-05-2011 20:01
# Ligazón permanente a este artigo
Tampouco pasou desta
É ben rallante. Todos os anos vén co mesmo conto. Que se lle colleron teima. Que nunca o premian. Que non volve participar no concurso de cartaces da Semana da Paixón. Que tal e que sei eu…

A min non me estraña. Entendo as razóns que levaron aos membros do xuri a desestimar o deseño. Supoño que o que influíu á hora de deixalo fóra de concurso non ten nada que ver co billar, nen coas bolas de marfín, nen co taco…

Fíxense no pito e no fume…Están de fumareta nun local pechado!

Vade-retro, Satanás.
Categoría: Xeral - Publicado o 04-04-2011 20:32
# Ligazón permanente a este artigo
Tratamento
Disque abriron un Consulado virtual en Viveiro e estou feita un lío. Se me teño que dirixir a este Cónsul, cal é o tratamento a empregar?.

Coido que o de “Excelentísimo Señor” está reservado aos embaixadores de grado e aos de cargo. ( Aquí non hai ). Tamén os Ministros Plenipotenciarios de primeira e segunda clase son excelentísimos. ( En Viveiro, só temos un: o da Terceira Orde).

Podería ser “Ilustrísimo Señor”? Seica o son os Ministros Pleniponteciarios de terceira clase, os Conselleiros de Embaixadas e os Cónsules Xerais. ( Hai discrepancias no do Cónsul ).

Vaia embrollo!
Polo de agora tratarémolo como Señor I,

Asi son as cousas. O Señor I xa volve a navegar pola rede, e esta vez con matrícula do Corpo Diplomático.



Categoría: Xeral - Publicado o 03-04-2011 21:59
# Ligazón permanente a este artigo
Movendo os marcos
Sei de boa tinta que Aja, aspirante en maio a perpetrar un VI Cesarato, é un fiel siareiro da obra de R. Sauce, coñecido emprendedor viveirés e autor do libro “El Arte de mover los marcos” ( POZO DO PIAGO, Viveiro, 1976 ), manual de referencia para persoas emperradas en incumprir o 10º mandamento ( “Non cobizarás os bens alleos” ).

Por iso non me surprende que este abispado discípulo se ofreza como mediador para suavizar o impacto da Variante, en Magazos. Tampouco esta louvabel entrega á causa debería causar inquedanza entre a Comisión Veciñal de Magazos.

En cuestión de marcos, miñas amigas, nada mellor que un experto á hora de movelos!

Categoría: Xeral - Publicado o 02-04-2011 15:46
# Ligazón permanente a este artigo
Que parva que sou!
Canta mocidade sen traballo hai en Viveiro?
Canta xente que estudou pode traballar aquí?
Cantos dín: "vou queixarme pra que?"


Categoría: Xeral - Publicado o 27-03-2011 21:34
# Ligazón permanente a este artigo
...e respostas
Contesto:
Benquerida amiga:
Para responder ás súas inquietantes preguntas coido que veñen aquí a conto os acertados versos de don Xoán da Cova:

“Padres buenos, hijos buenos;
los de malos, malos son;
algunos salen obscenos,
no hay regla sin excepción”


Resumindo: para aforrarmos no futuro tantos ríos de tinta como os que se lle han dedicar a esta “crise do levador” compre que atallemos o problema desde a infancia. Debemos popularizar a sacrificada ocupación de levador ( noutras latitudes: costalero ) proporcionando ás nosas crianzas xoguetes apropiados.

Menos game boy e máis madelman do levador!

Categoría: Xeral - Publicado o 27-03-2011 15:49
# Ligazón permanente a este artigo
Preguntas...
Condoída pola miña fraqueza de ánimo unha amábel seguidora escríbeme coa finalidade de que cobre alento e volva ás andadas.

“ Moito botei de menos algún comentario seu sobre a “crise do levador de santos”, o novo andacio que percorre Viveiro. Para viveirear con xeito non pode vosté pasar do asunto no que toda viciña furga. Compre dotarmonos dun “Manual do Bon Levador”? Haberá que exixir un carnet para cargar coas piedosas imaxes? Están debidamente preparadas as instrutoras da Semana Santa dos Nenos? Chegará ao Vaticano a brincadeira ou pararanlle os pés en Mondoñedo?...”
Categoría: Xeral - Publicado o 27-03-2011 15:47
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [5] [6] [7] 8 [9] [10] [11] ... [28]
© by Abertal