Viveireando


Sitio onde se conserva algunha cousa e donde se propaga.

Contacta
viveireando@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Facendo traxes
Non hai quen os pare. Os falabaratos empréganse a fondo e abren os seus blogs a todo tipo de faladura. Calquer indocumentado intervén colándose nun Consulado, nun forno, ou onde sexa… e fanche un traxe nun momentiño.
Tamén te imbitan ( iso sí, con m antes de b ) a mesas redondas ou cadradas onde se imparte doctrina sobre “política e cultura” ou se coce ( nada máis lóxico tratándose dun forno ) o futuro da política local.

-Pararás coas aghullas...!

Categoría: Xeral - Publicado o 02-06-2011 17:07
# Ligazón permanente a este artigo
Reflexión-ando...
...ando, ando.

Despois do seguimento da intensa campaña eleitoral ( por Consulados, fornos de cerámica e demáis tugurios ) , fiquei derrengada. Así que hoxe dediqueime á vida relaxada: paseo na moto, paseo co can, en fín... a rañala.

Vexan clicando aquí o vídeo que me fixo Igor Pallares, resume desta xornada de reflexión
Categoría: Xeral - Publicado o 21-05-2011 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
Mouseland ( Ratolandia )
Lembran " A vinganza do rato " , o comentario colgado aquí o pasado mes de decembro?
Pois agora insisto con estes roedores e, neste tempo eleitoral, agasálloas co vídeo de Ratolandia.

Que lles preste.






Categoría: Xeral - Publicado o 19-05-2011 22:13
# Ligazón permanente a este artigo
A loita é alegría
Por vezes dás contigo desanimado
Por vezes dás contigo a desconfiar
Por vezes dás contigo sobressaltado
Por vezes dás contigo a desesperar

De noite ou de dia, a luta é alegria
E o povo avança é na rua a gritar

De pouco vale o cinto sempre apertado
De pouco vale andar a lamuriar
De pouco vale um ar sempre carregado
De pouco vale a raiva para te ajudar

E traz o pão e traz o queijo e traz o vinho
E vem o velho e vem o novo e o menino
E traz o pão e traz o queijo e traz o vinho
E vem o velho e vem o novo e o menino
Vem celebrar esta situação e vamos cantar contra a reacção
Vem celebrar esta situação e vamos cantar contra a reacção

Não falta quem te avise «toma cuidado»
Não falta quem te queira mandar calar
Não falta quem te deixe ressabiado
Não falta quem te venda o próprio ar

E traz o pão e traz o queijo e traz o vinho
E vem o velho e vem o novo e o menino
E traz o pão e traz o queijo e traz o vinho
E vem o velho e vem o novo e o menino
A luta continua


Categoría: Xeral - Publicado o 19-05-2011 19:08
# Ligazón permanente a este artigo
O corredor de fondo perde o alento
O corredor de fondo perde o alento
fuxindo dunha vida inzada de renuncias
da súa liturxia obesa e oleosa,
mediocre nos seus comunais fracasos,
bágoas de xelo, indignación contida
non deu chegado a tempo de exercer
a súa rebelión,
nin de levar a cabo
a súa vinganza definitiva
contra un mundo inxusto, homicida, e cruel,
pola inutilidade da súa propia vida
solitario, enfermo e fatigado,
a morte anticipouse e chegou antes.

Lois Pereiro

Outono 1995


Categoría: Xeral - Publicado o 17-05-2011 10:37
# Ligazón permanente a este artigo
O coche...beber... ten que beber...
Agora xa non abonda cun billete de 50 euros á hora de encher o depósito do auto. Cada día custa máis. E para que o pagano fale o menos posible desta suba que nos valeira os petos haino que distrair coas vodas dos parásitos da monarquía, co partido do século, coa idiotez dun tal mouriño ou votando cunha mensaxe de móbil a calquer chiquilicuatre para eurovisión.

-O coche...beber...ten que beber...
Categoría: Xeral - Publicado o 15-05-2011 17:58
# Ligazón permanente a este artigo
Mira para diante!

Esta fotografía lévame aos tempos da miña infancia.
E xa choveu!.
Lembro á M., a beata dos bancos de atrás, sempre armada cunha chave na man coa que te intimidaba. E que chave, mi madriña!, semellaba unha das de San Pedro, polo tamaño. E de cotío a mesma amenaza con ela na man:
- Nena, mira pra diante!

Agora todo cambiou. Hai moito tempo que morreu a beata e a súa casa está media derrubada e sen porta. E a chave –dous quilos e medio de ferro—aproveitouna o xitano Antonio.
Que escribín? Que agora todo cambiou?.
Pois non.
Os traxes dos comungantes seguen a ser os mesmos.
E tamén, de cando en vez , as crianzas, miran para atrás.
Categoría: Xeral - Publicado o 15-05-2011 16:56
# Ligazón permanente a este artigo
Non aghuantou o peso
Xa se vía vir. Os catro empoleirados na farola… e non aghuantou o peso.
César Aja, presumindo de que “Ninguén fará máis” xa que pasa dos 120.
Bernardo Fraga, mozo que alvisca o Futuro e xa administra os seus 105.
Melchor Roel co conto de que “Gaña Viveiro” debe andar arredor dos 90.
Leal, o ivicenco, enghordou á conta do PP practicando ( “Por diante” ) o de “ E …para comer, Lugo” , pode que cheghe aos 100.
Xente de peso.
Sumen, miñas amigas. Máis de 400 quilos… e así non hai farola que resista.
As catro bandeirolas polo chan e menos mal que non se rexistraron desghracias persoais.
Categoría: Xeral - Publicado o 11-05-2011 21:45
# Ligazón permanente a este artigo
Breviario de campaña electoral ( e IV )
"Por último, procura que toda a túa campaña se leve a cabo cun gran séquito, que sexa brillante, espléndida, popular, que se caracterice pola súa grandeza e dignidade, e, se dalgunha maneira fose posible, que se levanten contra os teus rivais os rumores de crimes, excesos e subornos, algo que non desentoaría cos seus costumes"

Categoría: Xeral - Publicado o 08-05-2011 19:59
# Ligazón permanente a este artigo
Breviario de campaña electoral ( III )
(...) " agora tes que esixirlles o que che deben multiplicando as túas advertencias, suplicas e exhortacións, e procurando que saiban que que non van ter nunca outra oportunidade de che mostrar a súa gratitude. Sen dúbida animaraos a moverse por ti tanto a perspectiva dos servizos que aínda che quedan por prestarlles como o recordo dos favores que lles fixeches recentemente"
Categoría: Xeral - Publicado o 08-05-2011 19:41
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [4] [5] [6] 7 [8] [9] [10] ... [28]
© by Abertal