Viveireando


Sitio onde se conserva algunha cousa e donde se propaga.

Contacta
viveireando@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Pasando o ferro ( I )
Moito éxito tivo, entre as interesantes actividades das Noites Alternativas, o Obradoiro Como alisar a roupa ( Iniciación) dirixido exclusivamente aos machotes e impartido polo milmañas da foto. Nunca entenderei porque se nos impediu ás mulleres inscribirnos neste Cursiño. Presentarei a correspondente denuncia por discriminación de sexo.
Categoría: Xeral - Publicado o 11-07-2009 12:35
# Ligazón permanente a este artigo
Os Peperrandas

O 17 e o 18 de xulllo celébrase en Grallal o VII Festival Vila de Covas. Os Cacharelos queren render nesta edición unha merecida homenaxe aos gaiteiros de Brisas do Landro: Pepe Bermudez e fillos. Do vello Pepe Randa conta Nistal: "tiña a facilidade de que si voltaban a Viveiro pola noite e o rendía o sono, colocándose entre dous compañeiros podía camiñar e dormir ao mesmo tempo..."
Categoría: Xeral - Publicado o 09-07-2009 20:24
# Ligazón permanente a este artigo
ARREAOCABO
Envíanme por correo electrónico o cartaz do festival chilindrín ARREA O CABO,
( “sueltalacuerda”, que diría a señora concelleira ) e aquí o colgo para aviso de navegantes. O abolito da ghitarra non actúa.
Categoría: Xeral - Publicado o 08-07-2009 13:24
# Ligazón permanente a este artigo
...e outra de Area

Non todo se vai a concentrar no tanatorio de Staples Center. A concellaría de Castillos-en-larena deseñou esta homenaxe ao pé do mar. Esto chincha!
Categoría: Xeral - Publicado o 07-07-2009 19:04
# Ligazón permanente a este artigo
Unha de Cal...

O esforzado superdelegado de obras e deportes anunciaba hai días: “Estimados vecinos, en breve va a dar comienzo la obra de la carretera que discurre por San Pedro y Valcarría…” E meu dito, meu feito. Aí teñen ao rapaz en plena faena.
Categoría: Xeral - Publicado o 07-07-2009 13:54
# Ligazón permanente a este artigo
Despistamento
Chegou á vila a media mañá. Viña para a concentración de moteiras e rematou no mercado renacentista. “Negueime a pasar polos instrumentos de tortura—disque dixo—e cando xa pensei que safaba, castigáronme cunha perorata crónica”. Si o sei non veño!
Categoría: Xeral - Publicado o 05-07-2009 13:24
# Ligazón permanente a este artigo
Erro

Dín que foi o GPS o que provocou o erro. O certo é que os de Carlos Uve tiñan que desembarcar en Grallal e fixérono na praia d´Abrela onde os do 21 corréronos a ESTACAzos.
Cousas que pasan. Os do Vicedo non queren imperialismos de cartón pedra. Ai, si don Isaac levantase a cabeza!
Categoría: Xeral - Publicado o 05-07-2009 12:33
# Ligazón permanente a este artigo
Cartaz d´ O Naseiro

Unha filtración interesada permite que hoxe poida ofrecerlles estas primicias.
Cando me filtren, queridas miñas, as contas dos últimos anos colgareinas aquí.
Mentras, conformémonos co cartaz do 2009.
Categoría: Xeral - Publicado o 05-07-2009 11:59
# Ligazón permanente a este artigo
Preguntas

Non hai aquelARRE?. Hai desembarco renacentista na praia de Covas? Quen decorará o trono de Carlos Uve? Os de ODS son unha ONG? Quen montará o Belén? Os da adoración nocturna curtíronse nas noites alternativas? Os moteiros son medievais ou renacentistas? Unha concentración de motos é unha Peidorrada? Quen recollerá as bostas dos cabalos?
Ai nena, nin tanto arre que corra nin tanto xo que pare!
Categoría: Xeral - Publicado o 30-06-2009 18:16
# Ligazón permanente a este artigo
Bando

Faise saber
que daqui en diante
a sardiña molla o pan

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
Recibo da contribución
á hora da distribución.
Censo demostrando que es veciño,
para o viño.
Certificado censal,
para o sal
Hai que traguer un selo
para o cachelo

A ración serviráse nunha gorra de prato.
Todo municipal, barato- barato.
Categoría: Xeral - Publicado o 17-06-2009 20:27
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal