Viveireando


Sitio onde se conserva algunha cousa e donde se propaga.

Contacta
viveireando@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Tamboriladas
Coa publicación dunha carta no xornal veño de me inteirar de que as tamboriladas e cornetadas perpetradas no Pazo da Misericordia foron motivo de queixa dun veciño con consulta médica no edificio colindante.
Segundo conta, as súas queixas cairon en saco roto pois seica cada vez que o paciente sofredor se entrevistou co alcalde este o obsequiou cunha “milonga”. E foron varias.
Pois teno claro o paciente médico. Seguirá soportando o pomporrompón cuaresmal todiñas as semanas, sexan santas ou non. Os cofrades levan en gosto esas prácticas e non hai ninguén en Viveiro que ouse limitar tan delicadas interpretacións procesionais.
Así que o queixoso ten dúas saídas: ou reconciliarse coa música celestial ou ir ao consistorio e que lle canten outra milonga.
-“Compañeiro sei tocare…”
-“Compañeiro que sabes tocare?”
Categoría: Xeral - Publicado o 02-03-2011 22:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal