Viveireando


Sitio onde se conserva algunha cousa e donde se propaga.

Contacta
viveireando@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

"Tamén a choiva"
Poden pasar moitos días e mesmo meses sen que poidamos ver nas tres salas de Multicines A Mariña de Viveiro unha película que pague a pena. Estes días tivemos a oportunidade de ver o filme de Iciar Bollaín que veu paliar algo este estado de abandono que padecemos en Viveiro.
Para poder ver “ 18 comidas”, a película de Coira, tiven que aproveitar unha viaxe a Lugo pois ás salas de Viveiro non deu chegado. Ás veces indago na carteleira comercial e nada atopo de interese. Abondan, iso si, películas ianques para estupidizar adolescentes…
Por iso aproveito para lles recomendar a última obra de Bollaín. A película dentro da película. A colonización americana por parte do imperio español e a guerra da auga, na Bolivia do ano 2000. Unha mistura da colonización imperial do XV coa do XXI.
Non perdan a ocasión e vaian ao cine.
Categoría: Xeral - Publicado o 20-02-2011 13:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal