Viveireando


Sitio onde se conserva algunha cousa e donde se propaga.

Contacta
viveireando@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Intensa actividade político-relixiosa...
Xa lles dixen que andiven de vacacións o mes pasado. Mais unha que é curiosa e non quer perder nengunha minudencia, antes de tornar a viveirar con normalidade, revisou a prensa escrita. Alí atopeime co pasado, e nunca mellor dito o do pasado.
Explícome. Seica o rexedor de Viveiro participou na "tradicional" ofensa á Virxe dos Remedios.
( Xa saben, tan "tradicional" como que data de 1938 e foi instituida para "rogar polo triunfo das tropas franquistas" celebrando unha misa "como pública testemuña de agradecemento por non ter sufrido esta zona a dominación marxista" ).
E aqui fica, para as incrédulas que sempre hai, o documento gráfico da prensa.
E unha con estes pelos!
Categoría: Xeral - Publicado o 06-10-2010 18:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal