Viveireando


Sitio onde se conserva algunha cousa e donde se propaga.

Contacta
viveireando@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Naseiro
Un oportuno Bando Municipal vén de prohibir o uso das vuvuzelas –instrumento de tortura popularizado no mundial de fútbol—na Romaría
d´ O Naseiro.

Concordo totalmente coa medida.

Se a Policía Local comenza por permitir o toque das vuvuzelas en semellante paraxe natural na harmoniosa Romaría do Bo Xantar, mal imos.

Ser permisivo con estas prácticas perturbaría a paz que reina na romaxe e nada impediría que uns poucos indivíduos sen escrúpulos comencen a pechar os recintos ocupados por mesas e áreas de descanso con horrendos plásticos de cor negra.
De autorizar os plásticos—Deus nos libre—pasaríase a suprimir os cánticos corais que tanto alegran as sobremesas para os sustituir por potentes equipos de moitos watios que prexudicarían gravemente o noso sistema auditivo cun pertinaz chunda-chunda.
De fomentar o chunda-chunda pasaríase a infrinxir un duro golpe á tradicional práctica do baile agarrado na sesión vermouth que remataría por desaparecer.
Eliminados os paso-dobres non se lle tirarían fotos ás parellas danzantes.
Desaparecidas as testemuñas gráficas non se editarían sisudos estudos antropolóxicos sobre a festa.
De non existir estudos de antropoloxía cultural d´O Naseiro, desaparecería a festa.

Velaí, miñas amigas, as tráxicas consecuencias que tería o permitir o uso da vuvuzelas na Romaría do Bo Xantar.
Categoría: Xeral - Publicado o 16-07-2010 11:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal