Viveireando


Sitio onde se conserva algunha cousa e donde se propaga.

Contacta
viveireando@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Zapatillas para comerciantes
O meu amigo Ahmed, vendedor ambulante, anda moi ledo. Vén de rematar unha intensa e exitosa campaña de vendas no casco vello da Vila. Como xa saben a rúa de Abaixo está patas para riba polas obras do Plan E ( “E” de empantanamento ) e o marroquino, listo como un allo, fíxose cunha partida deste invento chinés que lle veu como anel ao dedo. Os comerciantes con tenda aberta “en la principal arteria comercial de la ciudad”—que diría o pedante—quitáronlle das mans as zapatillas-recolledor.
Agora, disque, levan mellor o das obras do cambio.
Do cambio da vella e fermosa pedra da rúa polo gris e tristeiro pavimento que nos deixa este Plan E . ( “E” de…)
Categoría: Xeral - Publicado o 29-11-2009 17:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal