Viveireando


Sitio onde se conserva algunha cousa e donde se propaga.

Contacta
viveireando@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Estrada equina
Hai meses un veciño de Viveiro, despois de sofrer un accidente provocado polas bestas que andan ceibas pola Gañidoira—esa estrada equina de último deseño—,queixouse diante do Valedor do Povo. Pois ben, agora veño de me inteirar da resposta que a Consellaría do ramo lle remitiu a esta institución. E non ten desperdicio.

“ Esta estrada LU-540 foi acondicionada para dotala dunhas caracterísicas técnicas que a melloraron de xeito notable. Con ocasión desa actuación barallouse a posibilidade de instalar o que se coñece como pasos canadienses, ( obstáculos para evitar que os animais circulen libremente ), pero desbotouse ante a forte oposición veciñal”.

Agora todo cadra e se algún despistado non se decatou no seu momento desta “forte oposición veciñal” que condicionou a notable obra é que daquela estaba na horta e non vía as verzas, non lles parece?

Categoría: Xeral - Publicado o 06-11-2011 19:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal