Viveireando


Sitio onde se conserva algunha cousa e donde se propaga.

Contacta
viveireando@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Pontífices
Unha pasa ás veces por debaixo da ponte de Xunqueira—desde hai tempo en obras—e, cando o fai, sempre hai algún xubilado comentado a xogada. É un pasatempo coma outro calquer e xa se sabe que co calor presta máis andar por fóra que botar a partida nun local pechado.
A obra da nova ponte foi anunciada hai moitos meses. Fotografáronse—de fronte, de costas e de perfil—os de FEVE, os da Deputación e os do Concello. Mais agora que a obra xa é algo máis que anuncio, proxecto ou infografía, medran os peritos na materia ( os pontífices, para nos entender mellor ).

Ao pontífice-xubilado hai que lle engadir agora o pontífice-político, que anda a marear a perdiz co proxecto. E a estes dous espécimes hai que lle sumar finalmente o pontífice-estético, que atribúe as eivas da obra e a súa fealdade á conspiración dos de FEVE. ( Os moi cabróns –xa se sabe—non paraban o tren n´A Trabe de Galdo nen para xantar )
Asi que xa a temos liada. Mentras a viciñanza de Xunqueira soporta as molestias das obras, unha servidora, suma pontífices.


Categoría: Xeral - Publicado o 07-10-2011 19:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal