Viveireando


Sitio onde se conserva algunha cousa e donde se propaga.

Contacta
viveireando@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

N´ O Naseiro, con prudencia
-Bebe con prudencia.
Espetoulle súa nai cando saía para pasar os cinco días de rigor á beira do Landro.
Xa levaban como quince, indo e vindo todos os días, para montar o cabanote: un día os sofás de eskai, outro un frigorífico vello, os bafles dunha disco que non daban collido na furgo, unha xornada enteira para se aillar ben co plástico , en fín…

-Faino con prudencia.
Advirtiulle, cunha chamada ao móbil, o seu proxenitor. Cando xa tiña montada a tenda cos dous colchóns, cos sacos de dormir, coas veliñas de espelma…

-Se fumas..., con prudencia...
Díxolle a súa avolita meténdolle no peto o billete co que contribueu a facer fronte ao gasto en latas de conserva e garrafas de wisky , de licor café…

-E xurócho—díxomo como se quixese resumir todo o mes neses cinco días de desenfreo—bebín, amei, fumei…con Prudencia, cumprindo o prometido.

Nen os pais, nen a avoa…case ninguén o sabía.

Prudencia era o nome daquela rapaza que non había moito coñecera e que o agarimou –liberandoo así daquela algarabía —durante os cinco días que durou o balbordo d´O Naseiro.
Categoría: Xeral - Publicado o 26-08-2011 11:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal