Viveireando


Sitio onde se conserva algunha cousa e donde se propaga.

Contacta
viveireando@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Viaxeiros ( II ): Aubrey F. G. Bell visita Viveiro
O critico literario e historiador Aubrey F. G. Bell visita Viveiro no ano 1922. Da súa obra, “ Spanisch Galicia” ( 1922 ), publicada posteriormente en galego co título “Galicia vista por un inglés”, ( Editorial Galaxia, 1994 ) , escollo a colorista descrición que fai do Viveiro dos anos 20:
“…vila rodeada de montañas cubertas de piñeiros no esteiro do río Landrove. As orquídeas en enredadeira e as hortas miran desde o alto a ría, e nos balcóns escanabouzados, acubillados baixo os beirados, florecen os xeranios e os caraveis, ou unha manta vermella aparece pendurada ao longo da baranda”. “É desde logo—segue escribindo o viaxeiro inglés—unha cidade fascinante, un semicírculo de vellas murallas sobre as abas costentas dos outeiros, con portas estreitas en forma de arco e escuras calellas”.

Categoría: Xeral - Publicado o 08-07-2011 20:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal