Viveireando


Sitio onde se conserva algunha cousa e donde se propaga.

Contacta
viveireando@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Viaxeiros ( I ): George Borrow pasa por Viveiro
Releo “The Bible in Spain” de George Borrow. Nesta obra—a edición española conta cunha introducción de Manuel Azaña— o viaxeiro inglés narra como chega a Viveiro no ano 1837, desde Ferrol.
O vendedor de Biblias entra na vila pola noite, acompañado por dous guías, un deles contratado en Couzadoiro, e escribe: “…vimos diante de nós os muros de Viveiro, sobre os que derramaba a lúa un débil resplandor. Entramos por unha porta abovedada, alta e, ao parecer, ruinosa…”. Borrow, tamén anota: “ Todo o mundo estaba en Viveiro sepultado nun profundo sono; nen sequer un can nos saudou cos seus ladridos…”. Despois de durmiren nunha pousada, nun “edificio grande e ruinoso”, deron unha volta pola vila que para George Borrow “consiste en pouco máis dunha rúa longa, na aba dun empinado outeiro, moi poboado de bosque e árbores frutais”.

Así conta Mr. Borrow o seu paso por Viveiro.
Categoría: Xeral - Publicado o 07-07-2011 18:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal