Viveireando


Sitio onde se conserva algunha cousa e donde se propaga.

Contacta
viveireando@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Divagación
Pasados os fastos imperiais ( louvado sexa Charles Uve e compaña ) entramos de cheo na tempada estival. No Consistorio o labor de dillei pasa a ser preponderante. Panem et circenses ou boliños preñados e play-back de balde na Praza Maior, xa saben.

E unha, apartada do mundanal ruído, aproveita o lusco-fusco para as paseatas á beira do mar. De cando en vez chegan os ecos da canción sabiniana “…ediles socialistas, putones verbeneros…cronistas carroñeros…estaban todos menos tú, todos menos tú…”

En fín que se lle vai facer, xa corre o mes de xullo e hai que aproveitar o tempo. Releo O ano do cometa de don Álvaro Cunqueiro, na versión teatral de Quico Cadaval que me traslada a outra vila. ( A outra vila? )

“Todas as rúas da cidade conflúen na porta da ponte…A ponte, segundo dicen os cronistas titulados, foi construída polos romanos, destruída polos suevos, reconstruída polo demo, dinamitada polos franceses e finalmente reparada a expensas da cidade que lle puxo á frente unha estatua de Xulio César de mármore, disque de Carrara”.
Categoría: Xeral - Publicado o 05-07-2011 19:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal