Viveireando


Sitio onde se conserva algunha cousa e donde se propaga.

Contacta
viveireando@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Con don Álvaro n´As Tixolas ( En 50 palabras )
Se cadra o godello tivo algo que ver...
Fora un día de fervorosa devoción e non era esta a primeira capela que visitaba.
Sentei e puxéronme o 1º: crema de cabazo con virutas de xamón...Seguín dándolle ao godello.
Cando levantei a vista--xúrocho Augusto--don Álvaro aínda estaba alí.
Categoría: Xeral - Publicado o 06-07-2011 12:42
# Ligazón permanente a este artigo
Na mesa con Cunqueiro
Ás veces onde menos se pensa salta a lebre. Ou o que o mesmo: tomando un chiquito xorde a agradábel surpresa. Cóntolles. A baiuca As Tixolas, en Covas, agasállanos nestes días coa Antoloxía gastronómica e literaria Na mesa con Cunqueiro. E convoca un concurso de relatos curtos ( 50 palabras ).
Unha, querendo participar fóra de concurso, fóra de prazo e –supoño— fóra de lugar, compuxo un texto de 50 palabras que quer ser tamén unha homenaxe a Augusto Monterroso, escritor guatemalteco, autor de “El dinosaurio”, un dos relatos máis curtos que coñezo: “Cuando despertó, el dinosaurio todavía estaba allí”.

( O meu relato curto, vai deseguido )
Categoría: Xeral - Publicado o 06-07-2011 12:33
# Ligazón permanente a este artigo
Divagación
Pasados os fastos imperiais ( louvado sexa Charles Uve e compaña ) entramos de cheo na tempada estival. No Consistorio o labor de dillei pasa a ser preponderante. Panem et circenses ou boliños preñados e play-back de balde na Praza Maior, xa saben.

E unha, apartada do mundanal ruído, aproveita o lusco-fusco para as paseatas á beira do mar. De cando en vez chegan os ecos da canción sabiniana “…ediles socialistas, putones verbeneros…cronistas carroñeros…estaban todos menos tú, todos menos tú…”

En fín que se lle vai facer, xa corre o mes de xullo e hai que aproveitar o tempo. Releo O ano do cometa de don Álvaro Cunqueiro, na versión teatral de Quico Cadaval que me traslada a outra vila. ( A outra vila? )

“Todas as rúas da cidade conflúen na porta da ponte…A ponte, segundo dicen os cronistas titulados, foi construída polos romanos, destruída polos suevos, reconstruída polo demo, dinamitada polos franceses e finalmente reparada a expensas da cidade que lle puxo á frente unha estatua de Xulio César de mármore, disque de Carrara”.
Categoría: Xeral - Publicado o 05-07-2011 19:17
# Ligazón permanente a este artigo
Cousas que botei ao lume
Recollo as cinzas da lumeirada de San Xoán e repaso as cousas que botei ao lume:

-Unha cadeira baixiña co asento de palla ( Agora que xa non se fai tertulia na aira e que todas nos quentamos os miolos coa estufa das terrazas )
-Unha separata intitulada “Viveiro, a Venecia do Norde”. ( Cursilada finesecular dun que se fai pasar por historiador e non foi quen de principiar esta carreira na Universidade ).
-Todas as crónicas deportivas dun indocumentado que está emperrado en chamarlle “ Vivero “ ao “Viveiro”. ( Agora que o fútbol está dando paso—disque—ao “pádel” por parellas ).
-Varias partituras de marchas militares ( Como esconxuro liberador dos desfiles imperiais cos que nos ameazan de novo).

( Suma e segue )
Categoría: Xeral - Publicado o 27-06-2011 21:56
# Ligazón permanente a este artigo
Con surpresa
Hai historias que xa se sabe de antemán como van rematar e xa que nestes días en Viveiro marcha todo sobre o previsto ( ou non? ), hoxe agasálloas con algo diferente: A curtametraxe de Gary Nadeau.
O remate é surprendente.


Categoría: Xeral - Publicado o 19-06-2011 11:29
# Ligazón permanente a este artigo
O pailebot Sofía Móas

Algunhas destas tardes do mes que andamos préstanse para a lectura.
E buscando outra cousa din co libro do doctor Pardo Gómez sobre a navegación a vela na Mariña. Nel inclue unha fotografía du fermoso pailebot, o Sofía Móas. Di Pardo Gómez que foi “construido en Portochao e tripulado por mariñeiros de Viveiro e San Cibrao". A fotografía paga a pena, mais hoxe--misterios da informática--non fun quen de colgala aquí para ilustrar este comentario. Outro día será.
Colgo, iso si, outra foto ben curiosa: a do armador “Palliñas”, sentado nun norai co seu buque--moi semellante ao Sofía Móas--ao fondo.
Categoría: Xeral - Publicado o 14-06-2011 17:42
# Ligazón permanente a este artigo
A tola de Covas
Unha aproveita os fermosos días cos que nos agasalla xuño e pasea polo destragado areal de Covas.
Na aba do monte San Roque algunhas árbores autóctonas deixanse ver entre tanto eucaliptal...

E hai cen anos, que árbores se verían desde a praia?

A pregunta lévame á prosa rimada d ´A tola de Covas ( 1917 ) do viveirés Xan Pla Zubiri:

"...hastra o curuto pragado
de castiñeiros, de pinos
e de algún que outro carballo,
y-en cuyas mansas ladeiras
verdean sempre os sembrados,
que cerran os anchos cómbaros
por onde apacenta o gado... "


Algún día --prométollelo--hei de escribir, mais de vagar, sobre A tola de Covas.
Categoría: Xeral - Publicado o 13-06-2011 18:43
# Ligazón permanente a este artigo
Negociando

Primeiramente C pon como condición que dimitan tanto A coma B. E a estes dous dálles a risa.
Entón C acude á chamada de B. No intermedio A tamén fala con C...
E o conto remata. ( Polo de agora):
B e C facilítanse os contrasinais.
Entran e saen.
A porta péchase e fican os dous fóra ( Ou dentro?)




Categoría: Xeral - Publicado o 11-06-2011 18:01
# Ligazón permanente a este artigo
Cálculo
Circula pola rede o cálculo que o matemático César Aja fixo antes de que se abriran as urnas. E acertou de cheo.
Compróbeno:

Sendo n o partido dos ivicencos, 1/n significa que a Unidade esta partida por n.

X significa “eles” . En boa lóxica: “sin x” = “sin eles”.
Conclusión: Co partido partido e sin eles, o resultado é : six ( 6 ).

Categoría: Xeral - Publicado o 02-06-2011 18:44
# Ligazón permanente a este artigo
Vivirán xuntos ou separados?
El non se decatou da crise até que ela lle repetiu mil catrocentas veces ( 1.400 ) que xa non o quería.

-Iso pódelle pasar a calquer.

-O fodido do asunto—dixo el—é que só cos cinco ( 5 ) da casa non me dan as contas. Preciso nove ( 9 )... e vou ter que ir a vivir con eles.
Categoría: Xeral - Publicado o 02-06-2011 17:50
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [3] [4] [5] 6 [7] [8] [9] ... [28]
© by Abertal