Viveireando


Sitio onde se conserva algunha cousa e donde se propaga.

Contacta
viveireando@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

San Román a vista de paxaro
Hoxe convídoas a compartir este vídeo. ( Hai algún máis en Vimeo.com .)
Trátase da fermosa paisaxe do viciño areal de San Román a vista de paxaro coa que nos agasallan uns arrichados pilotos de parapente.

Que lles aproveite.





Miguel Swing Mistral 6 San Román from Diego Fersom on Vimeo.

Categoría: Xeral - Publicado o 31-08-2011 14:21
# Ligazón permanente a este artigo
N´O Naseiro, con verborreia
“Naseiro—sentenciou o chauvinista estúpido—é único no mundo. Nen montecastelos burelenses, nen bisposantos focegos, nen sanmatías monfortinos, nen romaríasvikingas…”

“Naseiro—apuntou o contábel maniático—son 5 días, 120 horas, 7.200 minutos, 432.000 segundos, 4.000 mesas, 3.825 metros de plástico negro, 5.328 litros de café, 16.347 litros de cervexa…”

“Naseiro—lembrou o nostálxico cincuentón—é a muller barbuda, as hermanas mínimas, os monos papuinos-monos do Brasil-monos-de-todas-partes-del-mundo, que alegría, que alboroto, ya está aquí, el perrito piloto…”

"Naseiro—poetizou o vate local—é o río que nos leva, / a mesa que nos farta, / a ringleira paciente / das que mexan e pagan…”

"Naseiro—luciuse o filólogo borracho—é bebedeira, chispa, tallada, melopea, trompa, mona, turca, resaca…"

-Vai parando e non me abanees, que verto!
Categoría: Xeral - Publicado o 26-08-2011 11:22
# Ligazón permanente a este artigo
N´ O Naseiro, con prudencia
-Bebe con prudencia.
Espetoulle súa nai cando saía para pasar os cinco días de rigor á beira do Landro.
Xa levaban como quince, indo e vindo todos os días, para montar o cabanote: un día os sofás de eskai, outro un frigorífico vello, os bafles dunha disco que non daban collido na furgo, unha xornada enteira para se aillar ben co plástico , en fín…

-Faino con prudencia.
Advirtiulle, cunha chamada ao móbil, o seu proxenitor. Cando xa tiña montada a tenda cos dous colchóns, cos sacos de dormir, coas veliñas de espelma…

-Se fumas..., con prudencia...
Díxolle a súa avolita meténdolle no peto o billete co que contribueu a facer fronte ao gasto en latas de conserva e garrafas de wisky , de licor café…

-E xurócho—díxomo como se quixese resumir todo o mes neses cinco días de desenfreo—bebín, amei, fumei…con Prudencia, cumprindo o prometido.

Nen os pais, nen a avoa…case ninguén o sabía.

Prudencia era o nome daquela rapaza que non había moito coñecera e que o agarimou –liberandoo así daquela algarabía —durante os cinco días que durou o balbordo d´O Naseiro.
Categoría: Xeral - Publicado o 26-08-2011 11:07
# Ligazón permanente a este artigo
Música na rúa
Desde hai anos e arredor das datas festivas Viveiro ofrece ao paseante música na rúa. Moi boa iniciativa. Nótase que hai un Conservatorio de Música e que este centro irradia cultura. Parabéns.
Este verán a viaxe impediume asistir a estes concertos, mais sei que algún houbo. É por iso que non quería pasar sen lembrar a esta xente que de cando en vez nos agasalla coa súa música.
Non dispondo de nengún apoio videográfico destas actuacións para ilustrar este meu comentario, boto man dun impecable vídeo que quizais xa coñezan e cólgoo hoxe aquí querendo facer así unha homenaxe aos músicos de Viveiro.

Que lles preste.

Stand By Me | Playing For Change | Song Around The World from Concord Music Group on Vimeo.

Categoría: Xeral - Publicado o 23-08-2011 10:14
# Ligazón permanente a este artigo
Permítame Vde. que fale
Remata a temporada dos dillei e dá comezo a do cobrador do fraque.
E para ambientar nada mellor que
escoitar aquela canción que Chicho Fernández Ferlosio fixo cando nun concello non lle daban pagado o seu traballo:

"Permítame usted que hable:
yo he venido aquí a cobrar,
si lo piensan demorar,
¿quién se va a hacer responsable?
¿Eh?
.....
Si no me pagan les juro
que esto y más se irá imprimiendo
a ver si lo voy vendiendo
y saliendo del apuro,
¿eh?
.....
El propio señor alcalde
deje claro cuanto antes
que el tiempo de los cantantes
no se gasta más en balde,
¿eh? "


Categoría: Xeral - Publicado o 21-08-2011 14:56
# Ligazón permanente a este artigo
Afiando as uñas
Unha das surpresas que me levei cando cheguei de viaxe foi a de comprobar as novas habilidades de Félix.
Como non puiden levalo conmigo de viaxe ficou só na cabana e o gatuno--non sei como nen quen lle aprendeu-- agora lima as uñas con abelencia.

-A que estás a afiar as uñas es tí, miña nena.

-Xa sabía eu que o do ghato-ghato, non colaba.
Categoría: Xeral - Publicado o 21-08-2011 13:09
# Ligazón permanente a este artigo
De volta e viveireando
Xa estou de volta.
E viveireando.
O primeiro, saudar á xente que me botou de menos.
Despois, navegar polas hemerotecas para porme ao día.
Arreamos o cabo e...zarpamos.
Categoría: Xeral - Publicado o 21-08-2011 12:50
# Ligazón permanente a este artigo
Até a volta
Deixo de viveirear por uns días e marcho de viaxe.

Até a volta
Categoría: Xeral - Publicado o 01-08-2011 19:09
# Ligazón permanente a este artigo
Urban camping ( III )
E como resolvemos o das augas menores ou maiores?

Pois co portable urine.

Uns armándose de paciencia e outros perdéndoa…

Categoría: Xeral - Publicado o 28-07-2011 14:43
# Ligazón permanente a este artigo
Urban camping ( II )
…Pois para instalar estas prácticas tendas que nen pagan imposto de circulación nen precisan de combustibel.

Todo é chegar e encher.

-Óptimo!
-Okey
Categoría: Xeral - Publicado o 28-07-2011 14:08
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal