Viveireando


Sitio onde se conserva algunha cousa e donde se propaga.

Contacta
viveireando@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Corredor da Costa ( I )
Parolaban as miñas veciñas…
Que si estaba rematado ou non, que xa canto hai que o inauguraran, que moitas multas puxeran os de tráfico…
Mira que é rápido—dixo unha—. E tanto—replicoulle outra—a de anos que leva feito e ainda hoxe ninguén o viu!
Categoría: Xeral - Publicado o 13-02-2009 18:01
# Ligazón permanente a este artigo
De Montevideo para Viveiro
Leal, axente da coñecida xestoría de detectives FEIJO09, interceptou hoxe esta mensaxe.
Ánimo, Emilio, hai que varrer cando vai aire.
Categoría: Xeral - Publicado o 07-02-2009 18:34
# Ligazón permanente a este artigo
Lanzamento de disco

As pistas de atletismo—con campo de fútbol de herba artificial—inauguradas por sorpresa en Lavandeiras ( Celeiro ) hai apenas unhas horas, están que ferven de tanta actividade. Un dos atletas convidados ao acto inaugural, o estoniano Gard Kanter, campeón do mundo en Osaca, mandou o disco a 73,38 m.
Mandar mandouno…,mais con tan mala sorte que o chantou diante da piscina municipal.
Ai teñen ao de Tallin fachendeando co estropicio.
Quedar, quedou coma un pepe!
Categoría: Xeral - Publicado o 06-02-2009 20:40
# Ligazón permanente a este artigo
Nova instalación en Lavandeiras
Disque en 7 días, nin máis nen menos, Lavandeiras contará cun novo Servizo Municipal. Disque o alcalde o vai instalar ao pé do grande toldo onde bailan os maiores.
Disque xa instalaron os letreiros. Disque van dar de comer herba artificial. Disque…
Categoría: Xeral - Publicado o 03-02-2009 18:02
# Ligazón permanente a este artigo
De afeitados

Pídenme unha proba do afeitado de Leal, o grande leader do PPOE en Viveiro.
Non a teño.
Co único que conto é coa foto da Barbería de Lugo ( na rúa San Marcos ) onde--contan--o afeitan alomenos unha vez ao mes.
Categoría: Xeral - Publicado o 03-02-2009 17:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chámalle parvo!

Despois da tempestade—din—vén a calma. E as reclamacións. A xente nunca tivo simpatía polas eléctricas. Mais a mín cónstanme que os obreiros das subcontratas de toda esas compañías extranxeiras empréganse a fondo. Velaí teñen o exemplo: un laborioso eléctrico que non abandona o posto nen para mexar.
Chámalle parvo!
Categoría: Xeral - Publicado o 29-01-2009 20:02
# Ligazón permanente a este artigo
Cociña de leña
Quixeron volver a aquela cociña de leña. A aquela cociña en branco e negro. Quixeron volver a xogar as partidas de tute subastado na mesa da cociña. Quixeron sentir aquela quentura. Mais, xa non puideron. Da cociña de leña desfixéronse nunha das últimas reformas. Tampouco teñen cociña de gas. Leváronna ao campo de Naseiro e alí a deixaron abandonada.
Fóra zoa o vento e retorce as antenas de TV e os postes da luz. A friaxe métese nos ósos.
Quixeron volver a aquela cociña de leña…
Pedirían unha pizza se funcionase o teléfono.
Categoría: Xeral - Publicado o 25-01-2009 21:05
# Ligazón permanente a este artigo
Sen luz

Volvimos ás velas. Tantas horas sen luz serviron para nos demostrar que ser posuidores de tanto trebello electrónico de pouco vale diante dun vendaval como o que sufrimos estes días.
As baterías dos nosos móbiles esgotáronse e tivemos que buscar aquela axenda manuscrita. O almacenado nos frigoríficos case se derrama. Non atopamos a antiga lanterna. A roupa suxa amontoase ao pé da lavadora e o lavalouzas é hoxe un trasto inutil…
O tempo pasa lentamente e nós, tan modernas e tan dependentes—tan trebellodependentes—á luz das velas.
Categoría: Xeral - Publicado o 25-01-2009 20:28
# Ligazón permanente a este artigo
Nova oficina bancaria
Anda o ruxe-ruxe pola rúa. As entidades bancarias están en crise. As Caixas e Bancos recortan custes. En Viveiro, unha Caixa ten local preparado en Covas, mais non dá aberto ao público.
Os Botín e Cía. só miran ben onde poñen os ovos e mentras as empregadas da banca—é o meu caso—traballando arreo e a maiores vendendo potas, tixolas, ordenadores e ciclomotores.
Mais a cousa aínda pode ir a pior. Vexan o novo modelo de oficina contra a crise que os nosos amos van implantar nos vindeiros días.
Deus nos dea paciencia e un carro para levala!

Categoría: Xeral - Publicado o 23-01-2009 15:50
# Ligazón permanente a este artigo
Olé, tu grasia!

"Un espestáculo infantil en clave flamenca abre la ajenda kultural bibeirense"
Categoría: Xeral - Publicado o 22-01-2009 19:10
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal