LEMBRANZAS |
|
Aló, no medio do monte, un neno de pantalóns curtos. A un lado pace o gando no verde e ó outro, máis adiante, no fondo da imaxe que forma a lembranza, unha ringleira de chopos e frondoso arboredo debuxa sinuosa a ribeira. Alí, nalgún recuncho entre a raizame e as pedras , un fío de auga fría vértese amodiño no río. Un halo de misterio permanece dende entón no recordo polo nome que a xente do lugar lle dá a esa fontiña. Alí, máxica, chora no Mao ?A Fonte das Bruxas?. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
OLLAR |
|
 Olla a mirada baleira
neses ollos afastados,
olla os luceiros cegados
de soños desfeitos na eira.
Olla ben, olla ben, olla,
olla o escuro fulgor
acochado no rumor
da mágoa que nel abrolla.
Olla o lume amortecido
na refungada lembranza,
a esmorecida esperanza
nese corazón doído.
Olla a mirada baleira,
olla ben, olla ben, olla,
olla o lume amortecido. |
|
|
|
|
|