LEMBRANZAS |
|
Aló, no medio do monte, un neno de pantalóns curtos. A un lado pace o gando no verde e ó outro, máis adiante, no fondo da imaxe que forma a lembranza, unha ringleira de chopos e frondoso arboredo debuxa sinuosa a ribeira. Alí, nalgún recuncho entre a raizame e as pedras , un fío de auga fría vértese amodiño no río. Un halo de misterio permanece dende entón no recordo polo nome que a xente do lugar lle dá a esa fontiña. Alí, máxica, chora no Mao ?A Fonte das Bruxas?. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
NANA DO AVÓ |
|
 (Para o Eynar e mailo Aren)
Durme meu neno,
durme meniño,
durme pequeno,
meu pequeniño.
O sono chegou
ós teus olliños,
durme meu neno,
durme amodiño.
Lindo sorriso
levas nos beizos,
levas nos ollos
cores tan feitos!
Envexa da lúa,
tamén dos luceiros,
envexa do ar,
envexa do vento,
envexa das chores,
sorriso que eu quero.
Durme meu neno,
durme meniño,
durme pequeno,
meu pequeniño.
Pecha, meu neno,
pecha os olliños,
hanche de vir
soños bonitos.
Soños moi doces,
soños moi lindos.
Péchaos, meu neno,
péchaos, meniño.
©️Piteira |
|
|
|
|
|